Saltar

Como limpar os electrodomésticos da cociña

Poderíase dicir que os electrodomésticos son a "pedra angular" de calquera cociña, non si? Sen eles, este espazo non tería sentido ningún, loxicamente. Simplifican a nosa vida en gran medida, mais tamén é certo que, se queremos que duren e que sempre nos presten o seu servizo en condicións óptimas, debemos limpalos con frecuencia e seguindo unhas instrucións correctas.  
 
Imos ver como limpar os electrodomésticos da cociña, un por un, para que non nos quede ningunha dúbida. 

1. Como limpar o forno

O forno é un electrodoméstico que non apetece limpar, pero non é excesivamente complexo. No mercado existen moitísimos produtos para limpar o forno que teremos que aplicar segundo as instrucións polo menos unha vez ao mes, co fin de evitar que a sucidade se reseque e sexa máis difícil quitala.  
 
Iso si: é mellor previr que curar… Cada vez que cociñes algo no forno e o ensucies, límpao tan pronto como sexa posible.  

2. Limpar o frigorífico

O frigorífico adoita ser un dos grandes esquecidos en canto á limpeza, xa que non se ensucia tanto como outros electrodomésticos da cociña, como o forno. Porén, é un dos que máis bacterias e sucidade pode chegar a acumular. Aquí tes uns cantos consellos para limpar o frigorífico:  

  • Limpa o frigorífico por fóra cun produto quitagraxas ou multiúsos polo menos unha vez á semana. Se é de aceiro, pásalle despois un papel de cociña seco para evitar que queden marcas.
  • O interior pode aguantar ata dúas semanas limpo se temos coidado á hora de colocar a comida (sen verter nada, etc.) e prestamos atención para evitar que se estraguen os alimentos.
  • A nosa recomendación é baleiralo cada 15 días, tirar todo o que se estragase e, cando estea baleiro, repasar as paredes, os caixóns e os andeis cun limpador ou unha disolución de auga con vinagre. Así, estará sempre perfecto.

3. Como limpar a lavadora

A lavadora, do mesmo xeito que o frigorífico, pode non recibir demasiada atención. Á fin e ao cabo, como é posible que se ensucie se é un electrodoméstico de limpeza? Pois ben, é recomendable limpar a lavadora por fóra e polo interior da porta todas as semanas cun limpador multiúsos.  
 
Por outro lado, se tes a opción de programa de "autolavado", é dicir, de lavado de tambor, utilízao para limpala en profundidade coa frecuencia indicada polo fabricante.  
 
Ademais, a goma da lavadora adoita poñerse negra e encherse de mofo ou sucidade; por iso, tamén é importante limpala por dentro de cando en vez. O mellor é que despois de cada lavado deixes a porta aberta un anaquiño, para que saia toda a humidade, e que seques a goma cun pano seco ou papel de cociña despois de cada lavado.  

4. Trucos para limpar a lavalouza

A lavalouza é o electrodoméstico que peor pode chegar a ulir da nosa cociña. Pero isto ten solución se seguimos unhas pautas de limpeza axeitadas:  

  • O primeiro é que evites meter pratos con restos de comida. Se non fas isto, acabarán entrando no interior do aparello e nos filtros, o que provocará que cheire mal e que se acumule unha sucidade que despois será máis difícil de limpar.
  • O máis importante é limpar o filtro polo menos unha vez ao mes.Consulta as instrucións do fabricante para ver onde está e como limpalo se aparece especificado. Normalmente, atoparás o filtro na zona inferior da lavalouza. A maioría son extraíbles, así que sácao e lávao con auga e xabón, e freta ben ata que saia toda a sucidade, ou sigue as instrucións.Despois, encáixao de novo, e listo!
  • Igualmente, nas aspas tamén se acumulan graxa e sucidade. Algunhas ábrense, e outras non, de modo que consulta as instrucións do fabricante para ver como limpalas por completo.
  • Tamén se recomenda lavar de cando en vez as bandexas, ao sacalas da lavalouza, así como a xunta da porta, cun pano húmido con limpador.
  • Por último, utiliza un ambientador de lavalouza. Non vai lograr que estea máis limpo, pero si que cheire mellor. 

5. Dálle un bo repaso ao microondas!

Pechamos a nosa listaxe co electrodoméstico que máis utilizamos a diario: o microondas. Deste xeito, a súa limpeza debería ser máis frecuente que a dos demais. Límpao polo menos un par de veces por semana cun pano húmido. Podes facelo só con auga, cun produto limpador específico ou ben cunha solución de auga con limón se queres darlle un lixeiro cheiro agradable. Ah, lembra que o prato do microondas tamén se limpa! Frégao tamén polo menos unha vez á semana.

E antes de marchar, queres descubrir como aforrar enerxía con todos os teus electrodomésticos?  Non perdas este vídeo! 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.