Como facer pan caseiro de xeito sinxelo e rápido
Facer pan caseiro é sinxelísimo, moito máis do que podería semellar. Non fai falta ter un forno especial, ingredientes "raros" nin moito tempo. Queremos mostrarche como facer pan caseiro de xeito sinxelo e rápido, tanto do xeito tradicional como cos nosos preparados KNÅDA, cos que poderás facer pan crocante, fritido ou multicereais. Non o perdas!
O pan é a base da alimentación de moitas culturas. Entre elas, a nosa. É un dos alimentos por excelencia da dieta mediterránea e proporciona enormes beneficios, tales coma a enerxía para a nosa vida diaria, grazas aos hidratos de carbono que contén. Ademais, axúdanos a previr enfermidades cardiovasculares e favorece a nosa dixestión, sobre todo no caso das versións integrais.
Ingredientes para facer pan caseiro
- 500 gramos de fariña de forza
- 10 gramos de sal (unha culleradiña de café)
- 300 ml de auga morna
- 5 gramos de fermento fresco de panadaría
Modo de preparación de pan caseiro paso a paso
Imos ver como facer pan caseiro de xeito sinxelo e rápido ao estilo tradicional:
- Colle un cunco grande e mestura primeiro a fariña co sal.
- Despois, pouco a pouco, engade a auga co fermento seco disolto, facendo un volcán no centro da fariña. No caso de optares por fermento fresco, incorporarémolo uns minutos antes de terminar de amasar.
- Mestura cunha espátula de madeira primeiro e cando se despegue das paredes do recipiente, comeza a facelo coas mans.
- Saca a masa do recipiente cando se despegue ben e trabállaa sobre unha superficie cun pouco de fariña para que non se pegue.
- Formamos unha bóla e deixámola repousar arredor dunha hora dentro do recipiente previamente aceitado, cun pano enriba.
- Despois, escolle cantos pans vas querer facer e corta a masa nas partes que queiras. Amasa cada unha delas.
- Imos a pola segunda fermentación, de novo envolto ou cuberto cun pano. Esta segunda fermentación durará unha hora e media aproximadamente.
- Cando se achegue o tempo de finalización da segunda fermentación, comeza a prequentar o forno ao máximo.
- Coloca a túa masa nun papel de forno coa forma que queiras e faille os cortes.
- Mete o pan no forno sobre a bandexa. Podes pór un vaso de auga na parte inferior para xerar vapor ou chapuzar un pouco o forno.
- O primeiro cuarto de hora deixa a potencia ao máximo, e despois retira a auga e deixa a temperatura nuns 180/200 °C outros 25 minutos ou ata que a base do pan soe oca.
- Déixao arrefriar e listo!
Como preparar pan multicereais con KNÅDA
A mestura KNÅDA permíteche facer pan dun xeito aínda máis sinxelo, sen apenas manchar pratos, xa que todos os ingredientes están xa dentro da bolsa.
Así podes facelo paso a paso:
- Prequenta o forno a 200 °C (175 °C nos fornos de aire forzado).
- Engade 425 ml de auga morna (a uns 45 °C) á bolsa e péchaa ben.
- Mantén a bolsa recta e amasa a pasta ata que estea lisa.
- Engraxa un molde de pan con aceite vexetal ou manteiga.
- Pon a masa nun molde para pan, axítao para repartir ben a pasta e déixaa subir tapándoa cun pano, durante uns 45 minutos.
- Enforna na parte baixa do forno durante uns 60 minutos.
- Unha vez preparada a pasta debes utilizala inmediatamente.
Se o prefires, tamén temos preparados tanto para pan crocante como para pan fritido.
Queres seguir a progresar na cociña? Non perdas estas receitas sinxelas e riquísimas!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.