Saltar

Consellos para organizar e gardar os agasallos de Nadal

Es das persoas que deixa durante días os agasallos de Nadal tirados nun recuncho ata que atopa onde gardalos? Acabouse! Este ano, non terás escusas para non ter ese espazo perfecto para organizares os agasallos. Sigue estes consellos supereconómicos sobre orde e almacenaxe para que gardar os agasallos de Nadal non se converta nunha complicación máis. 

Non nos escondemos, encántanos a orde en todas as súas formas. Ponnos de bo humor chegar a casa ou facer as tarefas do día a día e ver que a contorna que nos rodea soborda harmonía. A ti non che pasa? Cando rematan as festas de Nadal temos que atopar a forma de gardar os nosos novos obxectos sen que entorpezan esa funcionalidade que conseguiramos na casa. Este ano, pode que non teñamos unha gran cantidade de agasallos, pero seguro que teremos algún detalliño. Así pois, que tal se lle facemos algo de sitio?

A clave ímoscha dar xa mesmo e é que sexas previsor e aproveites para poñer en orde a túa casa. Mira algúns trucos para ter un chisco máis de espazo, independentemente de cal sexa o teu agasallo. 

Fai limpeza de armario

Seguramente, este Nadal os agasallos irán máis enfocados cara á practicidade. Así, é probable que os nosos seres queridos nos regalen obxectos que, en certo sentindo, nos sirvan para o día a día e que, sobre todo, coiden de nós. Por exemplo, un deses agasallos podería ser unha nova peza de roupa coa que abrigarnos e resgardarnos do frío.

Tendo en conta isto, non estará de máis que fagas un pouco de limpeza no armario se non a fixeches xa durante o cambio de estación. Seguro que tes roupa que hai mil anos que non pos, así que por que non utilizas o espazo que ocupa para o que poida vir no futuro ou simplemente para teres máis sitio? Lembra que non tes por que tirala, sempre terás a opción de levala a reciclar ou, se está en bo estado, doala, que seguro que máis dunha familia haberá agradecercho este ano.  

Axúdate con organizadores

Unha vez que nos desfixemos daquilo que non precisamos ou que non nos achega nada especial (como faría a mesmísima Marie Kondo co seu famoso método), o seguinte paso para aproveitar e ter máis espazo na casa e, por tanto, sitio para calquera agasallo de Nadal que poida caer, será organizar eses caixóns ou armarios para aumentar a súa capacidade.

Por exemplo, un recurso superefectivo e económico é un xogo de caixiñas, como as nosas caixas SKUBB, para ordenar os caixóns e crear diferentes compartimentos no seu interior. Así podemos clasificar facilmente a roupa ou os obxectos sen que se mesturen entre si. Verás como acabas ocupando menos espazo que se o tiveses todo amoreado. Este truco é estupendo tanto para roupa como para accesorios, como xoias, luvas, gorras, cintos…  

Outro complemento que che servirá para teres máis espazo no armario será un organizador de armario con compartimentos, como o noso STUK. É o mellor xeito de gardar todo tipo de roupa, desde xerseis gordiños ata a bufanda que che faga a túa avoa. Ademais, é unha opción supereconómica e, se nalgún momento xa non o precisas, podes pregalo e gardalo ata novo aviso sen perder espazo útil. É perfecto! 

Máis sitio para os zapatos 

Regaláronche unhas zapatillas preciosas pero non tes espazo para gardares outra caixa máis? Non te preocupes, con este estante zapateiro non o precisarás. É ideal para gardar e organizar facilmente todo o calzado. Ademais de práctico e accesible, co noso GREJIG podes crear ata tres niveis diferentes e xogar cunha morea de pisos para os zapatos. E, como os tes á vista, sempre poderás escoller o modelo máis axeitado para o teu conxunto do día.   

Segue sen ser dabondo ou non tes a altura necesaria para poñer un estante? Por que non os gardas deste xeito? Ao colocalos en vertical, ocupas moito menos espazo

MURVEL é unha solución perfecta e aínda máis económica para gardar os zapatos e ter almacenaxe extra para ese novo agasallo de Nadal. 

Aproveita os estantes de parede  

Máis aló dos agasallos de roupa, pode que este ano te sorprendan con esa ilustración enmarcada que tanto inspira, a preciosa foto da vosa mítica viaxe, a antiga cámara do teu avó ou a última novela que desexabas ler. Onde podemos colocar todo isto?

Nestes casos, pode que resulte de axuda sacar partido ao potencial das túas paredes. Os estantes de parede son xeniais para eses casos nos que non tes un estante propiamente dito para colocar os libros ou eses complementos de decoración e reliquias familiares que tanto che gustaría lucir. E son moito máis económicos que un moble enteiro!

Podes pór un par na túa sala ou no teu dormitorio e vestilo cos teus preciosos agasallos de Nadal. Axudarante a conseguir máis espazo no cuarto e a gardar aqueles obxectos que merezan estar no máis alto. Mesmo podes aproveitar a ocasión e elixir un estante con algúns ganchos para que sexa multifuncional, como na foto.  

Consellos e ideas para gardar os xoguetes

Se tes peques na casa, saberás que un dos principais retos é gardar os xoguetes, e máis se se trata das novas adquisicións de Nadal e Reis. Por iso, non están de máis algunhas ideas para que saibas como gardalos.

Recomendámosche que sigas o mesmo método que co armario e que, primeiro, fagas limpeza de xoguetes. Podedes sentarvos xuntos e repasar cada xoguete para ver cales queredes doar. Será un xeito de ensinarlles a ordenar e a compartir con outros nenos.

Outra das opcións é que te apoies en solucións de almacenaxe específicas para xoguetes. Normalmente, os mobles convencionais non están adaptados nin pensados para gardar todas as cousas que pode chegar a ter un neno, en especial as pezas máis pequenas. Por iso, nada como axudarte con cestas infantís, que serven tanto para a roupa como para peluches, ou coa nosa serie de almacenaxe TROFAST. Coa súa estrutura de caixas, teredes espazo para calquera tipo de xoguete, por grande que sexa e, como os caixóns son extraíbles, poderedes crear a combinación que máis vos guste.   

Que che parece? Como ves, se pensas un pouco na orde xeneral da túa casa, non che resultará nada complicado gardar máis cousas, como é o caso dos agasallos de Nadal.

Se lle colliches o gusto a iso de aproveitar ata o último centímetro da túa casa, non perdas estoutras ideas sobre orde e almacenaxe.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.