Como gardar a roupa de verán dunha forma segura
Ao finalizar o verán temos que gardar as sandalias e as pamelas e sacar as bufandas e os xerseis. Porén, antes de sacares as estufas, asegúrate de gardar ben a roupa de verán para o verán seguinte a telas á man e lista para poñer.


En primeiro lugar, debes encontrar un bo lugar para gardalas. As pezas de roupa consérvanse mellor en lugares sen humidade e cunha temperatura constante, así que intenta gardalas sempre dentro de casa no canto de no soto ou a bufarda. Debes lavalas e esperar a que estean totalmente secas antes de dobralas e gardalas en caixas transpirábeis (se son de tea, mellor) Una boa idea é clasificar a roupa por tipo de peza; se gardamos todos os pantalóns, as camisas ou os zapatos xuntos, tardaremos menos en encontralos cando os precisemos.
As maletas van de fábula para gardar cousas. Serven para levar roupa e adoitan ocupar bastante espazo, así que o máis intelixente é empregalas para gardar pezas. Se as maletas son vellas, fórraas con papel de muselina sen ácidos e ponlles pastillas de lavanda ou cedro para combater os insectos.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.