Como empezar coas plantas de interior
As plantas poden facer que unha casa pareza máis tranquila e viva. Tamén engaden cores e texturas. Empeza a cultivalas cos nosos consellos sobre os conceptos básicos e plantas que sempre sobrevivirán.


Para descubrir que plantas se adaptarán ao teu espazo, ten en conta a luz solar da que dispós. As etiquetas das nosas plantas indican se lles cómpre sombra, luz indirecta ou luz solar directa. Tamén mencionan se son de exterior ou interior e as temperaturas axeitadas. Non dispós de luz? Proba as lámpadas de cultivo LED.
A frecuencia de rega depende do tipo de planta. As nosas etiquetas contan con gotas como guía: 1) unha vez á semana ou cada dúas-tres semanas, 2) unha/dúas veces á semana (sen auga estancada) ou 3) dúas/tres veces á semana (sen terra seca). Os testos con autorrega poden facer o traballo por ti. Consello: non regues as plantas se a terra queda pegada ao dedo.
Se queres que as túas plantas estean verdes sempre, aposta polas artificiais. As plantas artificiais sempre parecen frescas e non morren, polo que podes explotar a túa creatividade para lograr unha impresión natural. Os armarios abertos e os paneis de plantas cadrados permítenche crear un xardín vertical dun modo sinxelo.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Creado por
Deseño de interiores: Nathalie Kamkum
Fotografía: Andrea Papini
Texto: Marissa Frayer
Deseño de interiores: Nathalie Kamkum
Fotografía: Andrea Papini
Texto: Marissa Frayer