Como decorar unha terraza e crear un pequeno paraíso
Isto da decoración de terrazas é moi agradecido, a pouco que fagas, a túa terraza ou balcón pode verse realmente como un pequeno oasis no medio do deserto da cidade. O noso piso ten os metros que ten e imos aproveitalos ao máximo. Quer sexa un balcón quer unha terraza, estas ideas serviranche tanto en terrazas pequenas como en terrazas modernas. Imos aprender a decorar unha terraza e gozar dela, o sol da nosa querida España ben o merece. Descubre os nosos mobles de xardín, terraza e balcón.


Ideas en decoración de terrazas, imos facelo ben!
Antes de empezar a pensar en como decorar a terraza dos teus soños, debes pensar en canto espazo tes. Non é o mesmo decorar terrazas pequenas que terrazas grandes.
Decorar terrazas pequenas
Se o noso caso for o dun espazo máis ben escaso, o mellor será contar con cadeiras como as da Serie SJÄLLAND, que poden encastelarse facilmente.
Se o teu for un minibalcón, non te inquietes, existen os mobles de terrazas ideados para eles, entre os máis de 100 conxuntos de comedor de IKEA ben seguro que atopas o que encaixa mellor co teu estilo e espazo dispoñible. E quen non desexa relaxarse neste precioso balcón! Desde o chan, os testos, as plantas... todo forma parte das ideas para terrazas pequenas que temos para ti.
Descubre nun minuto as nosas ideas para decorar balcóns pequenos no seguinte vídeo.
Cadeiras, mesas, conxuntos: mobles para terraza
As cadeiras de terraza, xunto cos coxíns para terraza, son outra forma de decorar estes bonitos espazos nos que, se xogas ben con cada peza, o conxunto pode ser realmente sorprendente.
Unha alfombra e un dos nosos parasoles delimitan perfectamente o espazo dun pequeno oasis, onde relaxarte despois dun duro día de traballo.
Decorar terrazas grandes
Se falamos de decoración de grandes terrazas, isto xa son palabras maiores, entran en xogo mobles de terraza de gran tamaño. Podes xogar cun sofá de exterior, cadeiras de brazos e mesa a xogo, unha alfombra de terraza, unha iluminación de terraza estratexicamente situada para crear diferentes ambientes e infinitas combinacións de coxíns nos que repousar tomando un mojito ou unha auga con limón ben refrescante.

Deixámosche con Allen e o seu especial “Como decorar terrazas e balcóns”, no que descubrirás enxeñosos trucos e ideas que debes ter en conta para saber como decorar unha terraza e crear o teu pequeno paraíso.