Saltar

Como decorar un dormitorio infantil en tons azuis

Queres decorar o dormitorio do teu fillo ou da túa filla cun toque de cor? No seguinte artigo, inspirámoste cun percorrido por un dormitorio infantil moi luminoso e alegre decorado en tons azuis. Sigue connosco e descubre como aplicar estes consellos de decoración de interiores no cuarto dos teus pequerrechos, sexa cal for a cor que escollas. 

Non o perdas!

Como elixir a cor para decorar un dormitorio infantil 

Escoller unha cor protagonista coa que decorar un dormitorio é unha tarefa máis sinxela do que parece, independentemente de se é para un adulto ou para un neno. Ímoscho demostrar. 

Está claro que sempre deberás ter en conta os gustos dos teus fillos, pero recomendámosche que, antes de nada, investigues un pouquiño sobre as cores que tes na mente para saber como combinalas ou incorporalas correctamente. Sabías que cada cor ten un efecto sobre a nosa percepción e enerxía? Explicámosche por que nos decantamos polo azul. 

Segundo a psicoloxía da cor, os tons azuis adoitan estar vencellados con conceptos como a serenidade e a calma polas sensacións que nos transmiten, así que é unha cor perfecta para unha zona dedicada ao descanso, como é o caso do dormitorio. Ademais, os tons máis claros desta cor adoitan relacionarse coa infancia e a xuventude, mentres que os máis escuros se relacionan cunha idade máis adulta e madura. 

Por estes motivos, decantámonos por esta cor. É perfecta para favorecer o sono e permítenos manter esa esencia da xuventude.

Decora o dormitorio con téxtiles 

Non resulta sorprendente que cada certo tempo queiramos cambiar a decoración do dormitorio para darlle un aire fresco e renovado. Ademais, no caso dos nenos, é perfectamente normal que varíe a medida que medran e cambian os gustos. 

Polo tanto, como un dormitorio infantil ou xuvenil non cambia unicamente co paso das estacións, recomendámosche que utilices téxtiles para decoralos. Por que? Moi sinxelo. Se pintamos os mobles e as paredes en branco, contaremos sempre cunha especie de “lenzo en branco” que nos permitirá ter máis liberdade para cambiar a decoración sempre que queiramos e dun xeito moito máis económico, pois só terás que cambiar algunhas fundas e algúns elementos decorativos pequenos.

Neste caso, por exemplo, utilizamos unha funda nórdica reversible que nos ofrece dúas opcións decorativas en azul. Ademais, estas fundas están confeccionadas en algodón cultivado de xeito sostible, así que son moito máis respectuosas co medio ambiente. Que che parece?

Utiliza complementos para dar pinceladas de cor

Como xa comentamos, a clave para decorar este dormitorio infantil foi utilizar téxtiles de cama. Non obstante, podemos ir un paso máis alá e utilizar o ton que escollemos en todos os recantos do cuarto para acadar unha maior harmonía. Bota unha ollada para saber como o fixemos:

Nun dormitorio infantil, unha alfombra é un accesorio moi útil, pois sirve para decorar o espazo, manter a calor natural do cuarto e é perfecta para os nosos fillos xogaren con total comodidade no chan e se absorba o barullo. Por iso aproveitamos a oportunidade e eliximos esta en tons turquesa que, ademais de estar fabricada con poliéster reciclado, encaixa á perfección coa cor azul do cuarto. E que nos dis do colgadoiro? Combina coa decoración e é moi práctico para pendurar obxectos.

Non hai que centrarse unicamente nos téxtiles, tamén podes engadir obxectos de cores no dormitorio. Podes ordenalos e expoñelos dun xeito económico e orixinal cun taboleiro como o que che ensinamos na imaxe. Deixa que personalicen o seu cuarto co que máis os motiva e inspira!

A pesar de que non utilizamos unha en cor azul, cremos que pode servirte como idea para calquera dormitorio infantil.

Esta divertida lámpada infantil é personalizable: pódese debuxar e pintar nela con rotuladores para encerado. É un obxecto perfecto para decorar o dormitorio dos teus fillos e darlle un toque diferente.

Decoración infantil bonita e intelixente

A vantaxe de ter os mobles principais en cor branca é que podemos decorar como queiramos todo o demais, mesmo podemos usar os obxectos que queiramos gardar neles.

Por exemplo, se tes teitos altos, podes aproveitar a parte superior dos armarios para colocar algúns obxectos decorativos, como fixemos cos gorros de maxia. No canto, decoramos a parte inferior cos xoguetes favoritos do peque da casa para que os teña sempre á man. Como son os máis pesados, é aconsellable colocalos aí para evitar accidentes. Neste caso, como son varias pezas, utilizamos unhas prácticas caixas para xoguetes. Se queres, tes a opción de escollelas de cores no canto de semitransparentes para que sexan acordes ao dormitorio.

Falando de xoguetes, queres algún consello para mantelos en orde? Non perdas este vídeo.

Como ben podes observar, as solucións de almacenaxe tamén serven para decorar un dormitorio.

Nesta parte do dormitorio, deixamos á vista aqueles obxectos máis voluminosos que, ademais, tamén son de tons azuis. No canto, utilizamos organizadores e caixas para gardar os doutras cores ou os máis complicados de colocar. Deste xeito, teremos (case) sempre un dormitorio ordenado e precioso. 

Queres unha idea máis? Podes colocar os pomos dos armarios na cor que escollas para darlles ese toque decorativo. É cuestión de experimentar!

Sigue estes prácticos e sinxelos consellos de decoración e transforma o dormitorio infantil dos teus fillos. Se queres inspirarte con máis ideas, non perdas esta selección especial de artigos.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter presente que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.