Saltar

Como decorar un cuarto: descanso e almacenaxe

Saber como decorar un cuarto é unha mestura de saber aproveitar o espazo do que dispoñemos e de conseguir crear unha atmosfera de descanso. Para acadalo, mostrámosche todos os trucos e ideas precisos para decorar un cuarto. Son ideas universais para todo tipo de dormitorio, mesmo os infantís. Vexamos como decorar dormitorios.

Como decorar un cuarto cunha cama como protagonista
Como decorar un cuarto cunha cama como protagonista

Ideas para decorar o cuarto: o descanso ben aproveitado

Falaremos de camas, colchóns, roupa de cama e almofada, de como aproveitar o espazo que temos con armarios que podes crear á medida das túas necesidades ou da iluminación. Comecemos polo principio. A cama. 

Elixir unha cama, punto número un na decoración de dormitorios

O centro da decoración de dormitorios sempre foi a cama, por iso, inspírate nas diferentes camas que temos e atopa o deseño que mellor vaia contigo. A personalidade única desta estrutura de cama é a verdadeira protagonista do cuarto, onde a cabeceira pode ser un separador de espazos, o lugar no que colgar as túas cousas ou unha cortina, ti elixes. 

Aínda que se o teu é a practicidade, precisas un cuarto no que cada moble teña unha función de almacenaxe. É a clave para saber como decorar un cuarto no que queremos é optimizar o espazo. Podes optar por camas con caixóns, coma a da imaxe, ou por canapés abatibles.

Outra das opcións para aproveitares o espazo e decorar os teus dormitorios infantís son as camas altas combinadas cun escritorio e estante, como na imaxe. En só 2 metros cadrados, poderán estudar, durmir, gardar as súas cousas e telas organizadas. 

Aínda que se só queres cambiar a decoración do dormitorio e non a cama, podes probar cunha das nosas cabeceiras. Elixir unha cabeceira é unha das ideas para decorar o cuarto que máis impacto visual teñen. É coma se estiveses noutro cuarto completamente distinto. Como é o caso da práctica cabeceira da imaxe.

Para rematar, elixe entre os diferentes colchóns que podes atopar, de máis a menos firmes, e de todo tipo de materiais. Estamos tan seguros da calidade dos nosos colchóns que tes 365 días para probalos.

E debaixo da cama e do colchón, que? Inspírate vendo estes trucos para manter o dormitorio recollido nun tris aproveitando o espazo de debaixo da cama.

Como decorar coa roupa de cama axeitada

Unha vez elixida a cama, é hora de vestila! Á hora de decorar un cuarto é imprescindible coñecer como combinar os téxtiles para xerar o confort e o descanso desexados no noso cuarto con roupa de cama e almofada ben cómodas. Se queres renovar totalmente o dormitorio e que pareza un espazo distinto, inviste en téxtiles. Diferentes cores e tonalidades en sabas, almofadas, coxíns e colchas daranlle volume e confort á túa cama. 

Na decoración de dormitorios é moi útil xogar cos elementos decorativos dos que dispoñemos para harmonizar o espazo e a sensación de descanso. Xoga coas sabas e con elementos decorativos como un auténtico experto en como decorar un cuarto.

Optimiza ata o último centímetro cun armario modular

Os armarios PLATSA e os armarios PAX son a solución para aquelas persoas que non saben como decorar un cuarto cunha estrutura algo máis complicada. Ás veces é difícil dar cun armario á medida de determinados dormitorios. A solución é crear o teu propio armario modular con almacenaxe aberta para telo todo á vista.

Os armarios con portas corredizas sempre funcionan en dormitorios nos que queremos aproveitar o espazo ao máximo. Coa estrutura de armarios PAX para portas corredizas, é moi doado conseguilo. 

E agora que xa o sabes todo sobre como decorar dormitorios, aprende como facer a cama perfecta nun tris.

 Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.