Saltar

Como decorar un salón con dous estilos diferentes

Queres darlle un cambio radicar ao teu salón sen moito traballo? Demostrámosche como de diferente se pode ver un espazo con pequenos cambios de cor, distribución e accesorios de decoración. Neste caso veremos un salón con carácter forte e elegante que se transforma nun lugar máis acolledor e moderno, cunha gama de cores máis claras. Un mesmo salón cunha decoración totalmente diferente!

Dar un novo estilo a un cuarto consiste en definir os detalles: os padróns de coxíns, as formas das lámpadas e a decoración das paredes marcan a diferenza.
Dar un novo estilo a un cuarto consiste en definir os detalles: os padróns de coxíns, as formas das lámpadas e a decoración das paredes marcan a diferenza.

Cores escuras e un carácter marcado

Ás veces dános medo empregar cores escuras na decoración e no mobiliario da nosa casa. Pero, por que? Fíxate en como este salón adquire un carácter forte e elegante, incluso certo aire "dramático". É ideal para todos aqueles que teñades un salón ben iluminado, grandes fiestras e moita personalidade!

As paredes escuras axudan a dar maior presenza aos cadros e á decoración que colgamos nelas, mentres que o sofá granate con estes coxíns estampados ten un estilo clásico traído directamente ao século XXI. E o certo é que non desentoa nada!

Os pequenos "ladrillos" que constrúen este salón

Como decorar un salón como o que vimos antes? Para crear unha imaxe final como esa, necesítanse moitas pezas que a conformen.

Por un lado, téxtiles cálidos en cores escuras, clásicos e estampados. É dicir: flores ou outro tipo de estampados clásicos nos coxíns, cores como o verde escuro ou o bordeos/cor viño, tecidos suaves, pelo longo ou veludo...

En canto ao resto, metais e tonalidades neutras que consigan harmonizar o conxunto, dándolle un toque máis actual e menos recargado.

O mesmo salón, distinto estilo

Garantímosche que o salón segue sendo o mesmo, aínda que non o pareza! Cambiamos completamente a distribución do mobiliario principal, poñendo neste caso o sofá baixo a fiestra. Isto lémbranos que non sempre a distribución que eliximos nun principio para o noso salón é a mellor ou a única. Nin moito menos!

O denominador común é a parede, que continúa sendo escura, así como os estampados en téxtiles e decoración. Porén, o resultado é completamente diferente.

Experimentar con padróns e téxtiles para conseguir os resultados desexados

Os padróns son un tesouro cando se trata de introducir un toque único no salón. Volvemos ver alfombras e coxíns estampados, así como lámpadas de liñas rectas e materiais como o metal. A base do salón, se comparas esta foto coa anterior, verás que é moi similar. Porén, o resultado é moi distinto.

Con isto, queremos que reflexiones acerca do estilo do teu salón. Como podes cambialo dun xeito sinxelo, mantendo o teu estilo pero cun resultado completamente oposto só cambiando a súa distribución ou certas cores clave. Crías que era posible?

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.