Como decorar a casa con luces de Nadal para conseguires un ambiente festivo
A iluminación é un elemento esencial na decoración do Nadal e este ano non vai ser menos! E xa que imos pasar máis tempo na casa, propoñémosche algunhas ideas para decorala con luces de Nadal e crear un ambiente máxico para gozar coa familia e as amizades máis achegadas. E non nos referimos só á sala de estar, non; tamén damos opcións para diferentes estancias do fogar. Deste xeito, encherás todos os recunchos de luz e alegría.
En Nadal adoitamos ver moitas fachadas e entradas de casa iluminadas con luces moi rechamantes, algo que nos encanta, pero que dentro? É xenial alegrar a xente que pasa pola rúa coas luces de Nadal da nosa casa, mais tamén o é decorar desta forma diferentes estancias para deleite propio ou en compañía dos familiares e amizades que nos veñan visitar. Por iso, este ano no que, pola pandemia é probable que pasemos máis tempo na casa durante as festas, animamos a conseguires un ambiente festivo grazas á iluminación.
Antes de máis, queremos destacar que temos opcións para diferentes orzamentos e que en IKEA só utilizamos lámpadas LED, que teñen un gasto enerxético menor e, por tanto, son máis sostibles tanto para o ambiente como para os nosos petos. Comezamos!
Luces de Nadal na sala de estar
É probable que, ao falar das luces de Nadal da sala de estar penses na típica árbore de Nadal iluminada, verdade? Aínda que nos encantan, esta vez queremos darche ideas doutro tipo para que vexas que non cómpre recorrer aos elementos de sempre para conseguir unha decoración do Nadal xeitosa.
Neste caso, conseguímolo a través de dúas pezas: unha grilanda de luces LED e unha grilanda decorativa en cor prateada. Con elas, mesturamos dúas cores, o dourado e o prateado que, aínda que se afastan dos clásicos vermellos e verdes, tamén son moi características destas datas. Para que a sala de estar se encha dese ambiente festivo que estamos a buscar, cruzámolas de parede a parede sobre os sofás para iluminaren vosas veladas. Como toque final, tamén colocamos algunhas candeas tanto na mesa de centro como na mesa auxiliar. Así, cando caia a luz, toda a sala de estar estará ben iluminada.
Luces de Nadal no comedor
Tras a sala de estar, o comedor é outra das zonas na que máis tempo pasamos durante o Nadal. Por iso, tampouco pode faltar unha iluminación especial para que non perdades detalle durante as vosas comidas ou ceas. O primeiro, unha boa lámpada de teito sobre a mesa. Nós escollemos MISTERHULT que, grazas ás dimensións que ten, ilumina moi ben toda a mesa. Pero iso non é o mellor. Esta lámpada é sostible e o seu proceso deixou unha pegada ambiental mínima, xa que está feita co bambú que normalmente se descarta noutros procesos de fabricación, e así se aproveita a planta ao máximo.
Ademais disto, colocamos nunha das paredes unha pantalla de origami en branco que crea unha luz cálida e acolledora, e unha grilanda co mesmo deseño de origami pero en pequeno, ambas ideais para acadar o ambiente de festa que estamos a buscar. Como toque final, colocamos unha grilanda STRÅLA ao longo da mesa.
Luces de Nadal "portátiles"
A iluminación do Nadal non ten por que ser estática, senón que se pode mover dunha zona da casa a outra se lle botamos un pouquiño de imaxinación. O exemplo perfecto é pór unha grilanda luminosa ao redor dun carriño auxiliar que levaremos da cociña ao comedor ou á sala de estar con toda a comida e bebida que precisamos. Se lle poñemos iluminación, mesmo ese elemento lle dará á casa un toque de decoración de Nadal. Nesta foto utilizamos unha con forma de origami, pero temos moitas outras grilandas de luces con diferentes deseños (arboriñas de Nadal, folerpas, flores…) que poden quedar xenial.
Luces de Nadal no dormitorio
Por último, a zona de durmir. Ou pensabas que só iamos iluminar as estancias das celebracións? Non, non. Á hora de deitarse, tamén queremos conservar o ambiente festivo. Tanto na sala de estar cando abres o sofá cama para os teus convidados como no dormitorio principal, podes conservar ese toque grazas ás grilandas luminosas. Coloca unha delas no peitoril da ventá, o cabeceiro da cama ou dentro dun floreiro, onde prefiras! Con este punto de luz terás presente o Nadal ata o derradeiro minuto do día, e os teus convidados tamén!
Gustáronche estas ideas? Descubre outras formas de decorar a casa este Nadal con esta selección de artigos.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.