Saltar

Ideas para decorar un balcón con céspede

Queres dar un toque natural e fresco ao teu balcón ou á túa terraza? Descubre como logralo cunha idea de decoración de exteriores sinxela e moi favorecedora: céspede artificial. Non a perdas!

A maxia do céspede artificial

O que máis nos gusta da primavera e o bo tempo é a oportunidade de lucir os nosos balcóns e terrazas e gozar deles o máximo tempo posible, verdade?Se este ano queres darlle un toque diferente e que o tempo que pases nel sexa do máis gratificante, a nosa recomendación é que lle deas un aire natural. Para iso, nada como facer un pouquiño de maxia co chan de céspede artificial.

O céspede artificial é estupendo para decorar zonas pequenas ao aire libre, como balcóns e terrazas, a bo prezo e sen complicacións. Ademais, queda xenial! Neste caso, só tes que unir os paneis do chan que se axusten ás medidas da túa superficie e combinalos como máis che guste. Podes colocar táboas de madeira, con debuxos ou, como fixemos aquí, unicamente con céspede.

Algunhas das vantaxes de apostar por este produto son a longa duración e o aspecto impecable, pois incorporan estabilizadores de UV para aguantar unha exposición prolongada á luz do sol sen perder cor. Ademais, é moi cómodo mantelo: pódese quitar con sinxeleza para limpar o céspede e o chan.

En IKEA estamos comprometidos cun modo de vida máis sostible. A base deste produto está feita con plástico de polipropileno reciclado e, unha vez se desgasta, pódese reciclar de novo ou destinarse á recuperación enerxética.

Adorna as paredes da túa terraza ou balcón

Encántanos o poder das plantas naturais. Non obstante, para algunhas funcións concretas, e especialmente se non temos unha gran man coa xardinaría, pode ser unha boa idea apostar por plantas artificiais que, ademais de económicas, ofrezan un resultado decorativo de dez.

Neste caso, creamos un xardín vertical e inundamos unha parede de verde para potenciar o aire natural que lle demos co céspede artificial que colocamos no chan.

Como o fixemos? Moi fácil. Utilizamos uns paneis de plantas artificiais. Conéctanse entre si cun simple "clic" e crean unha estrutura tan favorecedora como a que ves na imaxe. Ao igual que no caso do chan, é moi fácil limpar os paneis (apenas requiren mantemento, pódense limpar cun simple pano húmido) e duran moitísimo tempo, polo que son asaz cómodos.

O mellor é que, ao igual que no punto anterior, podemos estar orgullosos deste produto: é unha opción accesible, preciosa e respectuosa co ambiente! A planta está elaborada con poliéster 100 % reciclado e a estrutura con plástico de polipropileno reciclado. Así da gusto decorar o balcón, non si?

Engade plantas naturais

Non puidemos evitalo, as plantas naturais teñen que estar neste balcón con céspede si ou si. O certo é que hai cousas que son insubstituíbles. Coas plantas naturais, ademais de decorar calquera espazo aberto cun aquel encantador e alegre, podemos refrescar o ambiente e gozar dun espazo máis fresquiño (algo que sempre se agradece, especialmente en verán).

Para decorar un balcón ou unha terraza pequena con plantas naturais podes optar por diferentes opcións: testos grandes cunha planta de follas preciosas, testos pequenos enganchados na varanda do balcón cun soporte especial... Elixas a opción que elixas, recomendámosche que teñas en conta o tipo de planta ou flor que vas colocar. Tenta que sexa resistente ao sol directo e ás altas temperaturas para que aguanten ben toda a tempada.

Mobles e complementos que toda terraza precisa

Todo espazo ao aire libre, independentemente do pequeno que sexa, precisa unha serie de mobles e complementos para completalo e facelo moi acolledor e funcional. Para os balcóns ou as terrazas pequenas, non hai nada como unha serie de mobles de exterior multifuncionais e resistentes. Aproveitamos a ocasión para ensinarche os deste balcón

Se es das persoas que goza tomando un aperitivo no balcón ou dos que teñen unha pequena zona de cultivo, é imprescindible que consigas para o teu día a día un armario de exterior. Nel poderás gardar todos os obxectos que queiras: manteis, o xogo de cubertos básicos para as túas comidas e ceas ao aire libre ou as ferramentas e testos a maiores para as túas plantas. Neste caso, colocamos un armario en tons beixe e, xusto detrás, un panel de madeira moi útil.

En relación co tema das comidas ou as ceas no balcón ou na terraza, non hai nada como un carriño con rodas co que transportar todo o necesario para os teus festíns dun sitio a outro. Así farás menos desprazamentos e teralo todo á man sen ocupar apenas espazo. Ao igual que co armario, podémoslle dar un feixe de utilidades a este complemento. Só tes que pensar para que queres utilizalo.

Por último, pero non por iso menos importante, buscamos solucións intelixentes, capaces de adaptarse a calquera situación e, neste caso, que non ocupen demasiado espazo. Para iso, unha aposta segura son os mobles de exterior pregables, como as mesas ou cadeiras. Estes mobles son a mellor opción para aproveitar ao máximo o espazo da túa terraza ou balcón e, ademais, ter a opción de acoller a máis xente, se a ocasión o require.

Que che pareceu? Cuns poucos pasos conseguimos un balcón con céspede moi funcional e cheo de encanto natural.Se queres máis ideas para os teus espazos ao aire libre, non perdas esta selección especial de ideas e consellos de decoración e orde.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter presente que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.