Saltar

Como decorar a túa casa con candeas este Nadal

Descubre as nosas ideas de decoración con candeas para as festas de Nadal! Conseguirás unha iluminación acolledora nestas datas tan especiais.

Primeiro plano de candelabro con candeas LED.
Primeiro plano de candelabro con candeas LED.

O Nadal xa está aquí! Unhas datas nas que pasamos moitísimo tempo na casa, acompañados da nosa familia e amigos. Acaso hai algo mellor que a calor do fogar e a boa compañía? Por iso nesta época do ano a iluminación xoga un papel principal no noso fogar a través de tiras de luces, faroliños e candeas! Queremos que nos acompañes para que te inspires á hora de decorar a túa casa con candeas este Nadal. Daranlle un toque íntimo, acolledor e de Nadal como ningún outro tipo de iluminación.

Unha lámpada de araña para iluminar as túas comidas e ceas de Nadal

Lémbraste das vellas arañas de teito? Xa sabes que todas as tendencias volven e nós resucitamos esta para iluminar as túas comidas de Nadal (e as do resto do ano). A araña ÄPPELVIKEN de teito permite combinar a luz eléctrica funcional coa iluminación ambiental das candeas.

Por un lado, podes colocar lámpadas eléctricas no seu accesorio central para iluminar todo o cuarto e, a medida que a noite chegue ao seu fin, pódese baixar a súa intensidade ou ben cambialas por candeas ou candelabros nos seus catro brazos. Unha boa opción son as candeas LED como as LJUSANDE da imaxe.

Ao fin e ao cabo, todos queremos unha boa iluminación para diferentes necesidades no mesmo cuarto, algo que nos ofrece esta lámpada sen ningunha dificultade. Animaraste a probala este Nadal?

As candeas vermellas non poden faltar!

Se hai unhas candeas de Nadal que nos encantan, esas son as de cor vermella. Non importa o seu deseño, a súa forma ou tamaño: colócaas á vista de todos, nun estante, nunha cómoda, nunha mesa... O truco é unir varias nunha bandexa. Así, non só lle darás un toque decorativo do máis favorecedor, senón que ademais evitarás que se derrame a cera da candea sobre o moble.

As candeas poden ser a nosa decoración en si mesma (ou non…)

Se es dos que prefiren unha decoración de Nadal máis discreta e elegante, sen as típicas cores da época, podes apostar polas candeas como unha decoración en si. É dicir, como forma de darlle ese toque cálido e acolledor á túa casa sen demasiadas estridencias.  

Iso si, sempre podes combinalas con todo tipo de accesorios e decoración para crear un resultado discreto á par que espectacular durante esta época do ano. Combina diferentes tipos de candeas, candelabros e soportes para un resultado aínda máis rechamante. 

Os aromas poden mellorar o teu ánimo. Por exemplo, se ulo a canela ou cravo síntome como se fose Nadal, así que busco candeas que teñan ese aroma

Stina Lanneskog, deseñadora

Candeas aromáticas para diferentes estados de ánimo

Os amantes das candeas aromáticas xa saberán que son unha forma marabillosa de ambientar a casa, pero tamén de producir unha ou outra sensación segundo o olor elixido.  

Bergamota en flor, piñeiro e musgo, aire da montaña, vainilla, canela, follas de outono ou mazá verde son algúns dos olores de candeas perfumadas que temos en IKEA, e que son ideais para acender nesta época do ano. 

Sabías que o olor a lavanda axuda a conseguir unha maior sensación de calma, a vainilla a facer máis agradables e acolledores os espazos e a canela a ambientar as celebracións? Proba ata atopar o teu olor favorito para cada ocasión!

Que tal as candeas LED como decoración este Nadal?

Xa sabemos que non hai nada como a chama, como o lume dunha candea real. A sensación que produce ao prendela xa é un pracer en si mesmo.  

Pero tamén é certo que non sempre podemos ter a vixilancia e o coidado que require ter prendidas na casa varias candeas. Por iso, se tes nenos ou simplemente non che apetece estar vixiándoas constantemente, podes optar polas variedades de candeas LED. Non só son seguras, senón que tamén quedan moi bonitas cando se colocan diferentes modelos creando un conxunto harmónico con outro tipo de decoración complementaria, como neste caso.  

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.