Saltar

Como decorar a terraza para crear un ambiente relaxante

Gustaríache que a túa terraza tivese unha decoración estival e acolledora? Non perdas este pequeno percorrido por unha terraza que invita á relaxación e á tranquilidade. Verás como só precisas uns pequenos detalles para decorar a terraza con facilidade, e cun estilo cálido e superagradable. Non o perdas!

Os elementos básicos para unha terraza acolledora

Independentemente do tamaño, o simple feito de ter unha zona na casa que conecta co mundo exterior é un gran comezo para crear un espazo no que desconectar, relaxarse e gozar do tempo libre. A continuación ensinámosche como o fixemos.

No caso desta terraza, optamos por un estilo decorativo con certo aire bohemio. O certo é que está tendencia é perfecta para decorar unha terraza cun toque desenfadado e romántico, non si?

Neste caso en particular, utilizamos maiormente téxtiles. Son fundamentais para achegarlle calidez e personalidade a calquera recanto da casa, e, por outro lado, un dos xeitos máis económicos e sinxelos de decorar. Ademais, engadimos complementos pequenos, como algunhas plantas para que non falte a presencia da natureza, e, por último, uns cantos elementos decorativos.

Como decorar a terraza con téxtiles

Para converter esta terraza nun espazo máis agradable, comezamos por colocar coxíns de exterior: ideais para renovar o estilo e o aspecto sen gastar demasiado. Ademais, como son específicos para zonas ao aire libre, mantéñense como novos durante máis tempo, a pesar do sol e a choiva. Polo tanto, durarán moitísimo máis! 

Grazas aos coxíns, a terraza quedará máis bonita (cun estilo como os das coñecidas terrazas chill out) e será máis cómoda. Ao fin e ao cabo, queremos que pases o máximo tempo posible nela, non si? 

Temos dispoñibles coxíns de diferentes tamaños para que se adapten a calquera moble de terraza ou xardín (tanto cadeiras como bancos), polo que non será complicado atopar os máis axeitados.

Como podes observar na imaxe, combinamos fundas de coxín en tons azuis, unha cor estival que evoca a calma, a frescura e o acougo, con toques de vermello apagado, unha cor perfecta para contrarrestar as tonalidades frías e achegar máis calidez ao ambiente. Que che parece? Na seguinte foto ensinámosche o resultado.

Decora todos os recantos da túa terraza

Ademais dos coxíns, utiliza outros téxtiles. Podes colocar, por exemplo, unhas mantas (xeniais para decorar o espazo e, se refresca, taparte pola noite). Podes deixalas enriba do banco ou recollelas nunha bonita e práctica cesta a carón do asento. 

Tamén podes ir un paso máis alá e colocar unha alfombra de exterior para que os teus pés se sintan máis cómodos. Gústache? Neste caso escollemos unha de fibras naturais para que combine co resto dos mobles da terraza.

Por último, decoramos o cercado. Aproveitamos a súa tonalidade escura e penduramos uns cantos pratos claros para crear esta composición. Ademais, engadimos unhas bonitas plantas para que o verde destaque sobre a madeira. Contámosche algunha idea máis? Se queres decorar a parede da túa terraza, aposta por unha bonita grilanda de luces para darlle un toque máxico despois do solpor. 

Engade complementos e accesorios

Remata a decoración da túa terraza con complementos e accesorios útiles para os plans que celebres nela. Busca, por exemplo, uns vasos e unha botella de vidro elegantes para que mesmo beber auga e refrescarse sexa toda unha experiencia. Tamén podes engadir uns manteis individuais feitos con fibras naturais para acompañar ás túas comidas e aperitivos. Con estes detalles conseguirás un resultado do máis bonito e relaxante.

Ah! Imos darche outro consello. Cando non vaias estar na terraza, recomendámosche que resgardes os teus téxtiles e mobles para que non se enchan de po nin se estraguen. Para iso, non hai nada como unhas fundas para mobles de xardín impermeables. Podes gardar os complementos como a louza nun pequeno armario de exterior. Verás que útil é!

Que che pareceu? Sigue connosco e descubre máis ideas e inspiración para sacarlle o máximo partido aos teus espazos ao aire libre. Non perdas esta selección especial de artigos:

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.