Saltar

Como crear unha cama con dosel

Soñas cun refuxio cómodo? Engade un acolledor dosel a calquera cama cunhas cortinas e guías para teito. Simplemente sigue a guía detallada que aparece deseguido.

Dormitorio luminoso cunha cama con dosel feito con cortinas brancas e o sistema de guías VIDGA de IKEA.
Dormitorio luminoso cunha cama con dosel feito con cortinas brancas e o sistema de guías VIDGA de IKEA.
Necesitarás
8 ferraxes de teito VIDGA
2 pezas de esquina con guía sinxela VIDGA
4 paquetes de argolas/ganchos VIDGA, 24 ud.
5 barras de cortina de 1 guía VIDGA
Ferramenta de corte VIDGA
4 cortinas VIVAN, 1 par
Fita métrica e lapis
Trade, desaparafusador, serra de arco, escaleira

Paso 1 Decide cal será a situación do dosel colocando as guías e as pezas das esquinas no chan arredor da cama. Deixa espazo para as cortinas entre a cama e as guías. Todas as guías teñen a mesma lonxitude, polo que seguramente che faga falta máis de unha para cubrires os lados da cama.

Paso 2 Corta as guías coa caixa de corte VIDGA e unha serra de arco Desliza os conectores nas guías. Volve colocar todas as guías e as pezas no chan arredor da cama para comprobar que todo está correcto e medir onde debes tradear. É conveniente medir dende as paredes, no canto de facelo dende a cama.

Paso 3 Marca os puntos onde vas tradear no teito, fai os orificios para as ferraxes e móntaas. Asegúrate de empregar os parafusos e suxeicións axeitados para o teito. Coloca a peza de montaxe na ferraxe e insire a guía ata que se oia un clic. Repite o paso 3 con todas as guías, pero non coloques aínda as pezas das esquinas.

Paso 4 Coloca os ganchos nas cortinas e cólgaos das argolas. As argolas e ganchos están deseñados para cortinas con fita, mais tamén é posible engadir fita ás cortinas que non a teñan. Un paquete de 24 argolas é suficiente para dúas cortinas. Desliza as argolas polas guías (podes facelo ao colocar cada guía ou cando xa estean todas colocadas).

Paso 5 Unha vez colocadas todas as argolas, sitúa cada peza de esquina nas guías e fíxaas ata que se oia un clic. Se a cama estiver situada xunto á parede, só farán falta dúas pezas de esquina. Se as guías non están pegadas á parede, utiliza topes.

Consellos útiles Recoméndase usar o noso manual xunto coas instrucións de montaxe e o vídeo de instalación de VIDGA. Se mercares un xogo, pensa en todo o que inclúe. É posíbel que che fagan falta máis guías ou ferraxes. Os conectores non se venden por separado.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Creado por
Deseño de interiores: Britta Henley
Fotografía: Tjitske van Leeuwen-Huisman
Texto: Marissa Frayer