Como crear unha presentación de mesa de manual
Como podemos decorar a mesa para unha ocasión especial sen caer nun estilo moi formal ou demasiado serio? No seguinte artigo ofrecémosche unha proposta sinxela para poñer a mesa dun xeito orixinal, elegante e fresco. Aproveita estes consellos básicos e esta idea de decoración pensada para 6 comensais.
Cando temos un evento na casa, encántanos recibir como é debido os convidados e facer que se sintan como na casa, non si? Para as persoas que coidan ata o máis mínimo detalle, todo desempeña un papel moi importante, polo que sempre estamos a pensar en novos xeitos de sorprender e facer que o ambiente estea en perfecta harmonía. Ademais, hai algo mellor que unha bonita decoración para a mesa para conseguilo? Velaquí unha idea moi fácil e económica para decorar unha mesa en tons azuis. Queres vela? Adiante!
Elementos para decorar unha mesa para 6 persoas
Como xa adiantamos, esta proposta está pensada para unha comida na casa para 6 convidados, pero lembra que podes adaptala perfectamente ao número de comensais que queiras..
Na seguinte lista resumimos todos os elementos que seleccionamos para decorar esta mesa. Máis adiante explicamos como preparar a mesa e como eliximos cada obxecto para combinalo.
Para facer esta decoración, precisarás:
- 6 táboas de cortar
- 6 pratos normais, para ensalada e de pan
- 6 xogos de cubertos normais e de sobremesa
- 6 copas de auga
- 6 copas de viño
- Un mantel, tea para crear outro mantel grande e un camiño de mesa
- Libros antigos
- Flores
- Candeas
1. Temática principal e cores
O primeiro paso para decorar unha mesa, sexa cal for o estilo, é elixir unha paleta de cores coa que adornala. Tamén podes utilizar unha temática concreta para darlle un toque diferente e divertido. Neste caso concreto inspirámonos nunha comida para amantes da lectura.
Tendo en conta a temática, e que se trata dunha comida e non dunha cea, decantámonos por cores claras, como un branco neutro con toques en azul ceo e algúns elementos naturais. Ademais, démoslle un punto creativo cuns cantos libros antigos na mesma liña de tons.
2. Téxtiles para a mesa
Elixe téxtiles para poñer as bases da túa mesa. Os manteis servirán de protección e os camiños de mesa delimitarán o espazo reservado a cada comensal.
Para a primeira capa, coloca unha tea do tamaño da mesa que chegue case ata o chan. Despois, engade un mantel de tamaño estándar. Por último, pon uns camiños de mesa da cor que elixas para crear o contraste de tons.
Paréceche moi formal? Podes prescindir da primeira capa para que a mesa sexa lixeira e teña un aire máis desenfadado. O resultado será igual de favorecedor.
3. A louza e os cubertos
Pasamos ao que coñecemos como "a alma da mesa". Para este punto, teremos que ter moi claro o menú que imos servir e, en función do que elixamos, seleccionar os pratos máis axeitados.
Neste caso, comeza pola base (nós escollemos unha táboa de cortar de madeira para crear un contraste máis interesante) e deseguido engade o prato principal, o prato para a ensalada, o cunco para a sopa, o prato de pan e os cubertos (tantos os normais como os de sobremesa).
Para darlle un toque máis persoal e bonito, envolve os panos de mesa de tea en follas de libro, como se fosen tarxetas para os comensais, e engade unha ramiña.
4. Copas de viño e vasos
Preocúpache escoller a maridaxe axeitada para cada prato? Pensamos que cadaquén ten que elixir a que máis lle guste, así que esquece esa norma pasada de moda que di que o pescado hai que tomalo con viño branco e a carne, con tinto. Ti marcas as regras!
Pon a cada comensal unha copa de auga, outra de viño branco e outra de tinto. Se non queren algunha delas, retírallela.
5. Un centro de mesa orixinal
Os centros de mesa sempre son unha aposta segura para darlle este toque final á decoración da mesa. Neste caso propoñemos unha idea moi orixinal, fácil de facer e moi económica: libros antigos e ramiñas naturais.
Podes usar adornos que xa teñas na casa ou flores que recollas no xardín. O importante é que o centro da mesa non teña moita altura. Unha vez sentados á mesa, queres ver perfectamente todos os comensais, non si? Para crear unha composición equilibrada, coloca os adornos en grupos de número impar. Ademais, para non estragar a experiencia culinaria, non uses candeas aromáticas ou flores cunha fragrancia forte.
Que che parece? Sigue inspirándote e descubre novas formas de decorar a mesa para as túas comidas e ceas na casa. Deléitate con esta selección especial de ideas:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter presente que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.