Saltar

Como crear un armario roupeiro no teu dormitorio

Non fai falta un cuarto á parte para gozares dun armario roupeiro. Descubre como facer un con todas as funcións e a personalidade que precisas, que se adapte ao teu dormitorio.

Combinación de almacenamento aberto e pechado ao longo dunha parede, cun corredor que se forma entre as cortinas colgadas na fronte e un extremo da cama.
Combinación de almacenamento aberto e pechado ao longo dunha parede, cun corredor que se forma entre as cortinas colgadas na fronte e un extremo da cama.

Crea unha sensación grande nun cuarto pequeno

Destina un lado do cuarto ao armario deixando que o cabeceiro da cama actúe como separador de espazos. Ao agrupares o almacenamento, está máis accesible e dálle ao resto do cuarto unha sensación de calma e amplitude.

Organiza o interior para que se adapte ás túas necesidades

Personaliza o teu espazo de almacenamento e organiza a roupa para que se adapte ao teu estilo e necesidades. Se compartes o armario con alguén, divide o espazo entre os dous para que as preferencias persoais poidan circular libremente. Ao fin e ao cabo, é un lugar pensado para relaxarse e inspirarse.

Cambia de roupa como de estado de ánimo

Ocasións distintas requiren diferentes formas de vestir. Divide os lados do teu armario para que non interfiran entre si. Todo o que tes que decidir é que tipo de día é.

Os separadores de espazos son excelentes ferramentas para conformar a aparencia e o ambiente dun espazo. E non precisas cortina. Un colgadoiro ou mesmo un cabeceiro de cama pódenche servir".

Evangelos Delidimitris, deseñador de interiores IKEA

O armario, o corredor e o resto do cuarto

Un conxunto de cortinas pon a parede e a súa combinación de almacenamento aberto e pechado ao alcance da man ou fóra da vista. Xunto ás cortinas hai un corredor onde relaxarse, moverse e probar a roupa.

Divide o cuarto para o duplicar

Cando se queren separar funcións ou estados de ánimo no mesmo cuarto, crear unha aparencia de parede é unha forma fácil e eficaz de conseguilo. Un cabeceiro alto que funciona de tres xeitos diferentes: como separador de espazos, lenzo e colgadoiro para a roupa.

Fai que a sensación perdure

Con espello de corpo enteiro, iluminación e un banco, o armario pode ser de grande axuda tanto para a roupa como para cando queiras un momento para ti. Tamén podes colocar unha reixa na que colgar as roupa que poidas usar polo menos unha vez máis antes de lavala.

Un recuncho para os últimos retoques e accesorios

Organiza o teu propio recuncho, onde poderás darlle o toque final ao conxunto elixido. Coloca a túa selección de accesorios á vista para que poidas decidir rapidamente pola mañá. É un día rosa, negro ou prateado?

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Evangelos Delidimitris
Fotografía: Johan Månsson
Texto: Henrik Annemark