Saltar

Como crear o ambiente perfecto para descansar

O ruído, a temperatura ou a humidade do cuarto son aspectos que debemos de coidar para conciliar e manter o sono. Así que pensamos en pedir algúns consellos aos expertos da Sociedade Española do Sono (SES) que che axudarán a crear o ambiente perfecto para durmir ben no teu dormitorio. De certo que hai cousas que che sorprenden!

Decoración con cadros sobre a cabeceira da cama
Decoración con cadros sobre a cabeceira da cama

1. Temperatura

Cando as temperaturas son moi elevadas ou moi baixas conciliar o sono resulta un chisco máis complicado. A temperatura á que debe permanecer un dormitorio para descansar ben é de 18 a 21 ou 22 graos, aínda que tamén depende de cada persoa, da xenética, da idade ou do sexo. Si, así é, sabías que as mulleres perden máis calor cós homes por mor das hormonas e porque temos menos masa muscular?  
Se falamos de humidade, os especialistas aconsellas que o cuarto estea entre o 50 e o 70 %. Outra curiosidade que de certo non coñecías é que non se recomenda ter plantas no cuarto porque absorben osíxeno.

Tamén tes que pensar que a temperatura cambia se dormes en parella, segundo o material do colchón ou da roupa de cama. Para evitar problemas cando compartes dormitorio, o mellor é ter unha cama grande, con dous colchóns e con téxtiles individuais. Se o espazo non cho permite, lembra que os colchóns firmes e de resortes adoitan ser máis frescos, namentres os de viscoelástica son perfectos para os máis friorentos.

Á súa vez, os materiais de fabricación das sabas ou do recho nórdico tamén poden afectar á temperatura da túa cama. Os máis recomendables son os de algodón ou liño porque son transpirables e axudan a manter unha temperatura corporal constante. Canto aos recheos nórdicos, nas nosas tendas encontrarás distintos tipos, segundo as túas preferencias. Temos edredóns nórdicos extracálidos ou "catro estacións", para que poidas usalos en inverno, con dúas capas, e en verán, con só unha.

2. Ruído

Outro aspecto moi importante que debes controlar no teu cuarto é o ruído. A contaminación acústica considérase un problema de saúde pública porque afecta á calidade do sono. As persoas que viven preto de estradas con moito tráfico onde se superan os 65 db ou próximas a aeroportos teñen máis probabilidades de sufriren insomnio. Para estes fogares, illar o ruído é unha auténtica fazaña. Nestes casos o recomendable é illar o máis que se poida o dormitorio con alfombras, cortinas grosas ou materiais que absorban as vibracións. Por exemplo, nas portas dos nosos armarios PAX podes colocar plantas de cortiza, un material que amortece o son. Outra opción é colocar paneis de absorción ODDLAUG en fiestras ou para dividir espazos abertos. Tamén podes colocar estantes con libros e cubrir as paredes con cadros ou espellos para que actúen como barreira nas paredes.

3. Dispositivos electrónicos

Malia que no dormitorio adoitamos realizar diferentes actividades como ler un libro ou ver unha serie, os expertos recomendan que só o usemos para durmir ou manter relacións sexuais. Mesmo afirma que non deberiamos ter a zona de traballo no propio dormitorio. Por iso, é recomendable que o ordenador, o televisor, a radio, a tablet e o móbil fiquen fóra do dormitorio cando vaiamos durmir.  
 
Alén de reducir o ruído ou manter unha temperatura ambiente morna, tamén hai outras cousas que cómpre ter en mente. Neste artigo contámosche que tipo de iluminación debes escoller para o teu cuarto.