Saltar

Como crear coleccións na casa

Facer bodegóns e composicións é gratificante e divertido, e os resultados nótanse no momento na sensación que transmite a casa. O xeito de facelo só depende de ti. Inspírate co libro Nos encanta el hogar de IKEA, da serie SAMMANHANG, e clasifica os obxectos por tamaño, cor, tipo de deseño ou beleza…

Colección de adornos de porcelana nun armario coas portas de vidro.
Colección de adornos de porcelana nun armario coas portas de vidro.

Agrupa os obxectos por temas

Se te acabas de incorporar ao mundo das coleccións, esta é unha boa forma de empezar. Ponos xuntos para luciren as cores. Ou sepáraos por temas, como aquí, e apóstao todo aos cabalos. Cando haxa moitos obxectos do mesmo tipo, tamén podes atreverte con pezas individuais menos perfectas. É a totalidade a que deixa marca.

Coloca estantes para a exposición

Crea recunchos para os teus recordos máis prezados e mantenos nun lugar seguro e apropiado. Se desexas darlle un aspecto máis pulcro, mantén o esquema de cores. Ou ben aproveita un hobby, coma o corte e costura de roupa, para presentares unha bonita colección. Un tema específico, unha cor, un estilo ou unha época adoitan quedar bonitos cando se poñen xuntos.

Recompilar e agrupar obxectos permíteche mergullarte nun mundo de cousas similares e abre moitas posibilidades. Non che gusta o resultado? Vólveo intentar

Emprega recipientes transparentes para as túas coleccións

Os estantes e armarios transparentes fan brillar o que expós neles. Se che gusta coleccionar obxectos delicados, como cunchas e ovos de aves, ou cousas moi pequenas, como perlas e contas, proba un tarro de vidro. Ao recompilar varias cousas nun só lugar creas un conxunto bonito que aínda lles dá máis valor. Para obxectos realmente importantes, unha campá de vidro chama máis a atención e protéxeos mellor.

Mostra as túas coleccións, realza a beleza das cousas ou consigue algo simpático coas menos bonitas. Cousas que non acaban de quedar ben soas poden lucir estupendamente xuntas.

Organiza obxectos por cor e tipo

Ao longo da vida, acábanche gustando algunhas cousas máis que outras. Iso non é malo. Crea un bodegón con todos os teus floreiros azuis e has deixar marca. Ter moitas cousas ben semellantes resulta interesante e crea o tipo de posta en escena manexable que se precisa nunha casa.

Vai probando ata que a colección quede como che gusta. Nada é permanente: move os obxectos ata que che convenza como quedan. Se che gusta, daquela está ben.

Amosa os teus obxectos cotiáns preferidos

Un bodegón non só pode facerse con obxectos de colección. Daquela, por que non montas unha exposición sobre uns estantes abertos que che saque un sorriso na cociña? Ou ben agrupas a túa cristalaría preferida por cores para que destaque nun armario? Mira ao redor na túa casa e axiña has descubrir obxectos pouco lucidos que podes agrupar en bonitas coleccións.

Organiza e mostra os seus tesouros

Porque na orde hai beleza. Por iso, expón as túas coleccións, manténdoas organizadas e mostrándoas en soportes, armarios e estantes. Escolle entre armarios con porta de vidro ou produtos da serie SAMMANHANG, que se crearon especificamente para coleccionistas.

Encántanos o fogar

Inspírate e colle ideas para crear unha casa bonita que reflicta a túa personalidade. Coas ideas fáciles de probar das interioristas Emilia Ljungberg, Emma Lange e Emma Persson Lagerberg, e con sete fogares moi persoais do director de arte e interiorista principal Hans Blomquist, has volver a este libro moitas veces. Información útil: non se precisan moitos cartos para crear un fogar de teu.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Emma Lange, Emilia Ljungberg, Emma Persson Lagerberg e Hans Blomquist
Fotografía: Debi Treolar, Sandra Werud, Johan Månsson, Mats Ekdahl, Oskar Falck e Daniel Wester