Como aumentar o teu benestar na casa con plantas
Ter plantas nas nosas casas fainos sentir ben e pode ser francamente saudable (sigue lendo para saber máis). Descubre como aumentar o teu benestar na casa con plantas e apunta os nosos consellos para decorar as túas estancias con moito verdor!
Crea o un cuarto verde de teu
O verde senta ben. A ciencia e a neuroarquitectura tamén o cren así. É o que os expertos coñecen como "hipótese da biofilia". Unhas poucas plantas ou outros elementos naturais, como mobles ou chans de madeira que nos lembren a natureza, abondan para termos unha casa que nos proporcione benestar. A nosa receita para un recuncho de benestar persoal: pon o teu asento favorito a carón dunha fiestra, enche todos os ocos con plantas, engade unha lámpada e unha mesa auxiliar e complétao con téxtiles suaves.
Decora con plantas o teu dormitorio
As plantas son excelentes compañeiras de cama. Axudan a refrescar e purificar o aire e alegran a vista mentres nos espreguizamos. Seguramente tes escoitado iso de que non é recomendable ter plantas no dormitorio porque nos rouban o osíxeno pola noite, pero en realidade, a ciencia non avala este mito. As plantas precisan recoller moi pouco osíxeno pola noite e, de ser así, que acontecería ao durmir nun cuarto con outra persoa? Podes decorar o teu dormitorio con plantas sen medo porque, ademais de achegar cor e vida aos nosos espazos, tamén nos axudan a relaxarnos e a mellorar o noso benestar!
Enche os recunchos cun pouco de vida
Sempre hai recunchos da casa aos que lles poderiamos prestar un pouco máis de atención. Unha mesa, un banco ou un estante cheo de plantas poden convertelos facilmente no centro de atención do cuarto, incluso se dispoñemos de pouco espazo. Para un efecto adicional, engade unha lámpada de pé ou de mesa con luz intensa.
Velaquí algunhas pautas de deseño de interiores que poden axudar a mellorar o teu benestar na casa!

Crea un xardín vertical
A luz solar e a exposición á mesma poden ser recursos moi limitados nunha casa, especialmente en lugares como a sala, o baño ou a cociña. Onde haxa luz solar, distribúe o espazo en vertical. Proba a colocar un estante no recibidor, no corredor ou en calquera lugar onde poidas ter unha fiestra para colocar algunhas plantas en altura e ter o teu propio xardín vertical!
Un xardín nun bote
Facer un invernadoiro non ten por que ser un problema. Ata pode ser todo o contrario. Pon plantas en botes para crear arranxos decorativos que chamen a atención. (Non esquezas ventilalas de cando en vez). Opta por unha planta tipo suculenta que non precisa moitos coidados!
Coñeces o noso programa Formando fogar? Falamos con varios expertos para que nos axuden coas nosas emocións, estilo de vida e convivencia na casa. Descubre máis ideas e consellos para mellorar o teu benestar no fogar!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.