Saltar

Como gardar a roupa de inverno dunha forma segura

A primavera vén pisando forte e, pouco a pouco, dicimos adeus ao frío inverno. Tal vez se respira xa un cambio de armario? É hora de quitar capas de enriba! Contámosche todos os trucos para gardar correctamente a roupa de inverno. Mira que ordenado queda todo!

A caloriña vaise notando e xa podemos empezar a gardar algunha roupa máis grosa e pesada para sacar outra máis fresquiña. Dá igual se a túa zona de almacenaxe está debaixo da cama ou no garaxe. Neste artigo ensinámosche a usar os espazos dispoñibles para gardar a roupa e o material deportivo de inverno de xeito seguro. Un primeiro consello? Elixe ben o tipo de caixas para cada lugar e cousa. Así manterás intacta e en moi bo estado toda a túa roupa para o vindeiro inverno. Contámosche máis!

O armario

Para moitos de nós, o armario é un dos poucos espazos de almacenaxe dispoñibles, por iso é importantísimo usalo de forma eficaz.

O estante superior, por exemplo, é unha desas zonas que paga a pena aproveitar, xa que pode ofrecer moito espazo de almacenaxe extra. Podes gardar aí a roupa (sempre ben dobrada) en caixas de cartón ou de tea, que ofrecen unha ventilación perfecta para as fibras naturais, como a la. Se, ademais, vas gardar a roupa en caixóns, virache de marabilla ter bolsas de almacenaxe transpirables para manter unha ventilación correcta e afastar o po e a sucidade.

Queres un truco para os accesorios máis pequenos? Se tiveres que gardar cousas como sombreiros e luvas, non hai nada como organizalas en bolsas de plástico máis pequenas. Son perfectas para unha maior protección dentro das caixas e permítenche atopar facilmente o que busques.

Se nos permites un toque adicional, engade un pouco de lavanda ou uns bloques de cedro para manter afastadas as molestas couzas. Ademais, deixará un aroma moi agradable!

Debaixo da cama

Cando tes moi pouco espazo de almacenaxe, non subestimes o valor dun pouco máis de espazo debaixo da cama. Engade un par de caixas ou caixóns pouco profundos (e se teñen rodas, aínda mellor) e éncheos de roupa en bolsas de almacenaxe individuais (incluso serven bolsas de papel grandes). Tamén é un lugar perfecto para os zapatos.

É máis, o espazo de debaixo da cama é perfecto para gardar a roupa que ten máis volume ou é máis complicada de gardar noutro sitio. Por exemplo, é perfecto para o recheo do nórdico, os coxíns e demais roupa de cama voluminosa. Tamén é un lugar perfecto para os zapatos!

Para que todo estea perfecto de ano en ano, que non che esqueza lavar ou levar á tinturería a roupa antes de empaquetala para unha longa tempada, ben como limpar e desinfectar ben os zapatos e poñerlles unha forma para que non se deformen.

O faiado

Sen dúbida, os faiados ofrécennos máis espazo. Así que aproveita e busca caixas de plástico grandes que poidas encastelar tan alto como necesites. Son perfectas para as zonas húmidas e, como son transparentes, poderás ver o que hai dentro para atopar o que necesites sen ter que desfacer a pila nin remexelo todo.

Etiqueta as caixas que non sexan transparentes, indicando o seu contido. Unha barra e unhas fundas de plástico para a roupa son perfectas para gardar as pezas de roupa que non queiras dobrar; ademais, protéxenas de manchas, po e humidade.

O roupeiro

Nun espazo máis pequeno, como un armario, hai que pensar de forma máis estratéxica. Non todo ten que estar gardado en caixas. Se o teu armario for o suficientemente grande, pendura os artigos máis delicados en bolsas para a roupa e colócaos ao final da barra. Arriba, en grandes cestas de tea, pódense gardar bolsos máis pequenos, sombreiros, luvas e bufandas.

Os materiais naturais das cestas garanten a transpiración; simplemente, pon os accesorios en bolsas de algodón ou fundas de almofada limpas, e engade uns bloques de cedro ou lavanda contra couzas e outros bechos.

O garaxe

Aquí é onde podes gardar o teu equipamento deportivo de inverno máis pesado. Engade estantes ríxidos para os elementos de máis volume, como botas de esquí e patíns de xeo, ademais de caixas de roupa e outros artigos.

Pendura ganchos grandes para cousas máis longas, como paus de hóckey e esquís, e unha barra para colgar os teus abrigos e outra roupa de inverno. Opta por caixas de plástico resistentes para a almacenaxe e por bolsas e fundas para a roupa. Son o mellor para manter lonxe a sucidade e a humidade.

Sigue estes consellos e garda a roupa de inverno nun chiscar de ollos coa tranquilidade de deixala ben protexida. Ben, agora que fixemos un oco no armario, quizais non lle veña mal unha reorganización, verdade? Velaquí tes uns trucos para ordenar o armario nun chiscar de ollos: 

Que che pareceu? Sigue inspirándote con estes consellos sobre orde e almacenaxe e goza dunha casa organizada e funcional.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.