Como aforrar en comida: aproveita e evita tirar alimentos
O desperdiciar vaise acabar! Invitámoste a que cambies a túa forma de ver a comida, aproveitando mellor os alimentos e "reciclándoos" na medida do posible. Aprende con IKEA a aforrar no teu orzamento de comida e evita tirar sobras!


Ás veces, deixamos caducar alimentos no frigorífico porque mercamos de máis ou por unha mala organización nos nosos menús. Outras veces, cociñamos demasiada cantidade e como non queremos repetir comida, refugámola directamente. É preciso cambiar estas dinámicas, sendo conscientes de que podemos darlle unha nova vida ás sobras, de que hai trucos para evitar desperdiciar a comida. Cambiar esta forma de actuar será un bo método para aforrar na casa, pero tamén para crear un mundo máis sostible e reducir os residuos e o lixo que xeramos. Así que empeza xa mesmo con algúns destes consellos para aproveitar as sobras e aforrar en comida.
1. Garda os alimentos en friameiras e botes de cristal herméticos
Gardar os alimentos correctamente é fundamental para que se conserven nas mellores condicións o maior tempo posible. Asegúrate sempre de que os botes e friameiras están ben pechados para evitar que lles entre aire ou humidade e así os alimentos se conserven en perfecto estado.
Tamén che recomendamos que optes na medida do posible por friameiras de cristal en substitución ás de plástico. Por que?
- Son máis respectuosas co medio ambiente
- Son máis doadas de limpar, polo que non gastamos tanta auga
- Imprégnanse menos os olores
- Duran máis tempo porque non se deforman nin se desgastan tanto coma as de plástico
- A comida sabe mellor cando a gardamos en cristal. Fai a proba!
2. Aforra en comida: conxela as sobras e os ingredientes!
Cando cociñamos moita cantidade de comida adoitamos conxelala para que nos dure durante varios días e incluso semanas. Pero que pasa cos diferentes ingredientes de moitas desas comidas?
Hai moitísimos alimentos que se poden conxelar para sacalos unicamente cando nos fan falla para unha receita, evitando así que se poñan malos na neveira e rematen no lixo.
Por exemplo, podes conxelar os pementos, cebolas ou allos xa lavados e cortados nunha bolsiña hermética ou nunha friameira, só esperando a que saques a cantidade que precisas para cociñar.
O mesmo sucede con herbas aromáticas, como o perexil ou o coandro, ou con alimentos máis "grandes" como a cabaza e incluso co aguacate! Un truquiño para este último: para conxelalo, fai unha especie de guacamole (é dicir, machúcao) e bótalle un pouco de zume de limón. Despois, méteo nunha friameira co seu óso, que tamén axuda a reducir a oxidación. E listo para comer cando che apeteza!
3. Fai marmeladas e conservas en vinagre caseiras
Outra forma de conservar as froitas e outros alimentos que se vaian poñer malos é convertelos nunha receita a longo prazo. Para as froitas, tes a posibilidade de facer marmeladas, mentres que coas verduras e algunhas hortalizas podes optar por conservalas en vinagre.
Para iso, é tan sinxelo como coller unha verdura ou hortaliza, engadir unha parte de vinagre, dúas partes de azucre e tres partes de auga. Méteas nun bote con tapa hermético e déixaas un mínimo de dúas horas para que empecen a coller sabor. Poderás aproveitalas dende ese momento ata unhas cantas semanas despois tanto para un aperitivo como para diferentes tipos de receitas.
4. Reinventa receitas coas sobras: aforra en comida
Sobrou un pouquiño de arroz dun prato, carne doutro e verduras doutro. Por que tiralo aínda que sexa só un pouquiño de cada cousa? Antes de dirixirte ao balde do lixo, pensa ben se non podes gardar esas sobras xa cociñadas para reinventalas á hora da cea ou ao día seguinte.
As nosas avoas xa aproveitaban o mesmo cocido varias veces: para facer roupa vella, para botarlle novos fideos á sopa que sobraba, para facer croquetas... E así con moitísimas comidas máis!
Case todo pódese reinventar, só precisas algo de imaxinación e ganas de volver poñerte mans á obra!
5. Etiqueta con datas para evitar tirar alimentos caducados
Moitas veces abrimos o caixón do conxelador ou a despensa e pensamos: "canto tempo fai que envasei isto?". E antes de arriscarnos, moitas veces optamos por tiralo.
É obvio que non imos saber cando se porá mala a comida, pero ter clara a data na que a envasamos fará que teñamos unha idea máis real de se estará ou non en boas condicións ou que debemos "gastar" antes ou despois. É dicir, permítenos ter claras as preferencias de consumo segundo a data e un mellor control dos alimentos que temos na casa.
6. Aproveita os alimentos que xa están cortados
Abrir a neveira e ver ese medio limón reseco que quedou no esquecemento é tan típico... A nosa man alóngase, cólleo e ao lixo! Por que? Ata isto se pode aproveitar!
Podes:
- Quitar a casca do limón e conxelala para despois usala nalgunhas receitas tanto salgadas como doces.
- Usar a casca como ambientador natural para a cociña, colocándoa nalgúns puntos estratéxicos.
- Preparar unha xerra de auga con limón que nos nutre de potasio e vitamina C, entre outras cousas.
- Prepara un riquísimo guacamole e bótalle un chorriño dese medio limón para que non se oxide.
- Utiliza campás de alimentos especiais para cubrir os alimentos que cortas, así non se resecarán tan rápido e non terás a tentación de tiralo á primeira de cambio.
Aproveitar cada alimento que mercamos é a nosa responsabilidade e con estes consellos xa non tes escusas! E se che pareceron interesantes os nosos consellos e queres saber máis, nesta ligazón contámosche todo o que precisas saber sobre a reciclaxe e sostibilidade no fogar.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.