Saltar

Como acabar coa desorde en casa cuarto por cuarto

Se te propuxeches acabar coa desorde de toda a casa dunha vez, isto é para ti! Dámosche varios consellos de organización, enfocados aos diferentes cuartos do teu fogar, para que non haxa estancia que se che resista.

Despexa o vestíbulo 

Non hai nada como entrar ou saír da casa e que o vestíbulo estea recollido, verdade? Para conseguilo, propoñémosche combinar mobles abertos e pechados nos que gardar a roupa e os zapatos que acostumas deixar nesta zona da casa.  

Podes utilizar un armario para gardar todas esas pezas de abrigo ou accesorios que usas menos decotío e un colgadoiro para pendurares as que utilizas máis, así poderás collelas e deixalas facilmente. Ademais, tamén podes incluír un pequeno zapateiro no que deixar os zapatos de forma organizada.  

Todo isto axudarache a que o espazo estea moito máis organizado visualmente, sen colgadoiros ateigados de pezas de roupa e, ademais, será moito máis práctico para o día a día. 

Crea harmonía no baño 

O baño acostuma ser unha estancia húmida e pequena e, con frecuencia, o escenario de moitos atoamentos matutinos que nos fan perder o tempo e complican o resto do día. Porén, cando está ben organizado tamén pode ser un lugar fantástico para relaxarse, algo así como unha especie de balneario doméstico.  

Para conseguilo, recomendámosche que combines estantes, cestos bonitos e caixas resistentes para almacenar todo o que necesitares. O ideal é ter á man os produtos que empregues con máis frecuencia e gardares nos espazos máis altos aquilo que utilices menos. Por exemplo, a caixa de primeiros auxilios.

As cestas colgantes como NORDRANA son ideais para almacenar artigos de baño pequenos de forma ordenada e estética. O noso consello é que utilices cada apartado para produtos dedicados a un mesmo coidado e así resultarache moito máis doado localizalos cando os precises. Por exemplo, no nivel superior podes colocar os peites e cepillos, no do medio as gomas, as pinzas e outros accesorios para o pelo, e no último os teus básicos de maquillaxe ou as cremas.   

As cestas ou caixas individuais, pola súa parte, tamén son ideais para organizares correctamente as cousas máis grandes que coloques no estante. Grazas a estes sistemas de almacenaxe, aforrarás espazo e tempo. A que esperas para poñelo a proba?  

Devolve a paz ao teu dormitorio 

Sexamos realistas, aínda que tratamos de desfacernos do hábito de deixar a roupa fóra do armario, non sempre é fácil logralo. Ademais, cando está usada, aínda que podemos volver a utilizala, no é conveniente mesturala coa roupa acabada de lavar. Porén, unha cousa é non gardala e outra deixala tirada no chan ou sobre os mobles contribuíndo a crear un ambiente caótico e descoidado. 

A solución? Poñer uns estor opaco que oculte os ganchos coa roupa. Ata podes personalizalo pintándoo para que sexa un engadido decorativo no teu cuarto.   

O obxectivo é conseguires un ambiente cheo de tranquilidade no teu dormitorio. Trátase do cuarto no que tes que descansar e recuperar folgos para todo o día, así que é fundamental evitar todo o que poida ser un obstáculo para iso.   

Facilita as túas labores na cociña 

Canto máis che gusta cociñar, máis botes de especias, herbas, vinagre e aceite acumulas nos estantes. Seguro que non che fai nada de graza que se che caian e rompan os botes cada vez que intentas coller o que necesitas (que, curiosamente, adoita estar ao fondo…).  

Se isto che soa, o mellor que podes facer é apostar pola clasificación por tipo de produto en caixas de plástico. Telos xuntos permitirache atopalos moito máis rápido e sacalos todos á vez, sen perder ningún polo camiño.  

Para outros alimentos como os legumes, a pasta ou o arroz, podes utilizar botes de vidro transparente. Ambas solucións facilitaranche a tarefa de cociñar e permitirán que goces moito máis mentres a fas. Ademais, ter todo localizado tamén contribuirá a faceres un consumo máis responsable, xa que gastarás o que tes e non mercarás de máis se non é necesario. 

Ordena á vista o salón 

A peculiaridade dos mobles do salón ou o comedor é que normalmente neles queremos expor ou amosar as cousas, máis que gardalas. O lado positivo das vitrinas ou mobles con portas de vidro é que nos obrigan, en certo modo, a telo todo moito máis organizado porque queremos que quede o máis estético posible.  

O noso consello neste punto é que lle dediques un tempo a expor eses obxectos que queres que estean á vista de forma ordenada e vistosa, así o resultado será moito mellor. Podes cambiar a distribución dos obxectos de vez en cando para non te aburrir e conseguir un efecto diferente. Anímaste? 

Gustouche este artigo? Non deixes pasar todas as nosas ideas para manter e facilitar a orde no teu fogar. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.