Saltar

A influencia da cor das paredes nas nosas emocións

Sabías que a cor dos cuartos inflúe no noso estado de ánimo? Sabes como te fai sentir cada cor? Vermella, verde, azul... as túas paredes teñen moito que dicir máis alá do branco.

Cabeceira cama con cortina GRÅTISTEL
Cabeceira cama con cortina GRÅTISTEL

Moitos estudos demostran como as cores afectan o noso estado de ánimo, a nosa mente ou a como nos sentimos. Acaso sentes o mesmo cando te encontras nun cuarto completamente branco que noutro pintada de vermello? Por iso é tan importante elixir ben a cor das nosas paredes. Sabemos que o branco se presenta como a alternativa máis versátil para calquera fogar, pero tamén podemos ir un paso máis alá e decidirnos por outros tons que nos axuden a proxectar determinadas sensacións. A influencia da cor nas emocións é innegable...

Paredes verdes: unha cor relaxante para dormitorios

O verde é unha das cores que máis adoita botarnos para atrás á hora de pintar a casa, aínda que nos últimos tempos vimos unha gran presenza desta cor en moitas cociñas.

Pero se te animas a pintar as paredes de cor verde claro, saberás que estarás a apostar por un ambiente de paz, relaxante, tranquilizante. É xenial para un cuarto como o dormitorio, pero tamén para outras estancias da casa, como a área de traballo e estudo, para fomentar unha maior concentración.

Tamén é unha cor que relacionamos directamente coa natureza, polo que a frescura está garantida. De feito, tons como o verde lima (moito máis potentes) conseguirán o efecto contrario ao dun verde máis neutro e apagado: unha vitalidade brutal!

E se non te atreves a engadilo dunha forma tan drástica ás túas paredes, podes comezar por pintar só unha delas (mentres o resto do cuarto se mantén branco) ou engadir pequenos toques de verde a través dos téxtiles, como unha funda nórdica TOVSIPPA.

Paredes azuis: unha cor calmante e tranquilizadora

O azul é unha cor que transmite seguridade, confianza, tranquilidade e harmonía. Aínda que, ao igual que sucede co verde, dependerá do ton elixido. Así que coidado, porque se o que buscas son esas emocións, podes encontrarte coas contrarias se pintas as paredes dun azul demasiado forte, como un azul eléctrico.

A gama de azuis é do máis extensa, por iso encántanos a idea de combinar varias tonalidades: podes elixir unha máis clara, como un azul pastel para unha das paredes do cuarto, mentres que a roupa de cama, os coxíns ou a pequena decoración introducen outros tons máis potentes.

Paredes vermellas, rosas ou laranxas: cores enerxéticas

O vermello, o rosa e outras cores cálidas poden causar sentimentos de optimismo, enerxía e alegría. Ideais para salóns, comedores ou dormitorios xuvenís. Esta é a influencia das cores nas nosas emocións:

Vermello: pintar as paredes de cor vermella fará que automaticamente sentas unha enerxía brutal. É a cor da paixón, do amor, da valentía, da vitalidade. Pero precisamente por iso, habemos de intentar ser comedidos coa súa introdución nos diferentes cuartos. Pasar
moito tempo nun cuarto pintado de vermello pode chegar a causarnos certo estrés, así que podes introducilo no corredor, o comedor ou nunha das paredes do dormitorio dos teus fillos (sen
recargala en exceso).

Rosa: o rosa sempre estivo relacionado coa infancia, a feminidade, o romanticismo... Pero o rosa pode ser moito máis. Esta cor axúdanos a relaxarnos, a espertar a sensibilidade e a tenrura. É unha cor que nos gusta especialmente para dormitorios infantís, roupeiros, comedores con moita luz natural... Xa sabes o que din de “ver a vida de cor de rosa”, non si?

Laranxa: pintar as paredes de laranxa é complicado, porque estamos a falar dunha cor que transmite unhas sensacións moi fortes, dunha cor cunha personalidade brutal e non sempre doada de combinar con
outros tons. O laranxa transmite alegría, vitalidade, creatividade, dinamismo. Crea ambientes cálidos e reconfortantes. Se apostas por unha cor laranxa escuro, combínao con mobles en madeira tamén máis
escura, para que produzan ese contraste. Iso si, para as paredes nós recomendámosche un laranxa máis tipo melocotón co que suavizar o espazo e non ter problemas á hora de introducir outras cores.

Paredes grises e negras: sobriedade e elegancia

Hai quen pensa que o gris e o negro son cores tristes e evita introducilos na casa a toda costa. Por suposto, para introducir cores escuras deberás facelo en cuartos con moita luz natural, co fin de evitar crear espazos claustrofóbicos ou que parezan máis pequenos do que son en realidade.

O gris é o encargado de transmitir seguridade, calma, sofisticación, elegancia, autosuficiencia... Por iso encántanos para un recuncho coma este co chaiselongue GRÖNLID, pero tamén para unha das paredes do dormitorio, un roupeiro e mesmo un cuarto de baño.

O negro é o misterio, o silencio, a sobriedade, a elegancia, a introspección. É ideal á hora de imprimir carácter a unha área determinada dun cuarto (como a parede da cabeceira da cama) e permitir que destaquen os elementos como cadros ou estantes que poñemos nestas paredes.

Non che parece incrible a influencia da cor das paredes nas nosas emocións?
Sigue inspirándote con: Visita a un fogar: unha casa chea de cor.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.