Saltar

Cinco camas inspiradas en posturas ao durmir

Cadaquén ten as súas posturas favoritas (e necesidades) para durmir. Seleccionamos algúns estilos comúns e inspirámonos neles para deseñar cadanseu dormitorio.

Interior dun dormitorio cunha cama ancha. O contorno dun manequín do tamaño dunha persoa en posición totalmente estendida descansa sobre ela.
Interior dun dormitorio cunha cama ancha. O contorno dun manequín do tamaño dunha persoa en posición totalmente estendida descansa sobre ela.

En posición fetal

Acolledoras capas de suavidade

A persoa que dorme en posición fetal procura sentirse segura e protexida. Un dosel feito de cortinas, combinado con téxtiles grosos na cama e no chan, proporciónalle a comodidade e intimidade axeitadas.

O robot

Espertar co día ben planificado

O robot caracterízase pola sensación de preparación. O estilo do cuarto reflicte unha personalidade que favorece a simetría e o rigor, onde empezar o día de forma rápida e eficiente é algo case automático.

O tronco

Persoa que busca a comodidade e ten un lado práctico

Ao durmir de costado, o tronco non precisa moito espazo. Un sofá cama é unha boa opción, sobre todo cun respaldo brando no que se acubillar. Non hai por que renunciar á comodidade polo espazo. Se se lles presta a debida atención aos edredóns e os téxtiles, a sensación que se crea no dormitorio é moi acolledora.

A estrela de mar

Estomballado na cama

Cun patrón de movemento libre e despreocupado, a estrela de mar precisa moito espazo. Unha cama xenerosa é indispensable e un ambiente despexado axuda. Dobre edredón e máxima exposición á luz, e terá as súas necesidades completamente cubertas.

Cunha aperta á almofada

Comodidade á que te podes aferrar

Como indica o seu nome, á persoa que dorme dándolle unha aperta a almofada gústalle durmir cómoda e aloumiñada. Esta forma de deitarse sobre a barriga esixe unha chea de almofadas, coxíns e mantas para conseguir a superficie correcta para durmir. Noutras palabras: amorea téxtiles pastel uns sobre outros.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Marie Haward
Fotografía: Fredrik Sweger
Ilustración: Maja Krajina
Texto: Henrik Annemark