Saltar

Cea sen estrés, a comer!

Velaquí a nosa mellor receita para unha cea doada de preparar, para gozar. Organizar unha festa pode poñer a proba os teus nervios, mais se a planificas de forma intelixente, e cun pouco de axuda dos teus amigos, todo será máis doado.

Unha mesa de comedor cun banco e cadeiras diferentes, sobre a mesa colga unha rama decorada cunha grilanda luminosa.
Unha mesa de comedor cun banco e cadeiras diferentes, sobre a mesa colga unha rama decorada cunha grilanda luminosa.
Minimiza o estrés planificando a túa festa con anticipación e compartindo a lista de tarefas pendentes. Envía convites con «tarefas». O noso anfitrión encargouse da decoración e axudáronlle co aperitivo ao pedir aos convidados que trouxesen un par de tapas e as súas bebidas favoritas. Isto permite ao anfitrión ter tempo para preparar a decoración. Non importa se todos traen o mesmo, a cuestión é pasar tempo xuntos no canto de tratar que todo sexa perfecto.

Como a comida será unha sorpresa, optamos por un ambiente moderno e luminoso que quedará ben con todo. Recomendamos unha decoración sinxela. Ata unha bóla decorativa arredor do pano de mesa para crear un ambiente elegante e festivo. Cubre unha rama seca con eucalipto e decóraa cunha grilanda luminosa de LED para crear un ambiente acolledor e cálido. Decora un fiestra colgando estrelas de papel de diferentes tons unhas sobre outras. É pan comido!

Cando os convidados cheguen, preparade a mesa do bufete xuntos e que todo o mundo socialice. Saca unha vaixela e cuncas baleiras para aqueles que trouxeren os seus propios pratos en friameiras ou recipientes desbotábeis (porque, sexamos sinceros, a ninguén lle gusta ter a súa bonita mesa chea de plásticos). Logo reláxate, goza do aroma da comida e comendo e bebendo os pratos favoritos dos teus amigos.

Crea unha «zona de bebidas» para todas as que trouxeron os teus convidados. Emprega unha mesa ou un armario que teñas na casa. Eliximos un gran «moble bar» con portas de vidro (este chámase FABRIKÖR). Así todo o mundo pode servirse por si mesmo durante a reunión e o anfitrión non ten que ir enchendo os vasos.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Anna Cardell
Fotografía: Mats Ekdahl
Texto: Anna Blom