Saltar

Canto tempo perdemos buscando cousas pola casa?

Sabías que adicamos case 5000 horas da nosa vida a buscar obxectos que perdemos pola casa? Fixemos un estudo para analizar o porqué desta cifra e dámosche a oportunidade de calcular a túa propia marca.

Imaxe dunha habitación xuvenil decorada en tons rosa pastel e branco, cun bonito escritorio, unha cama de madeira clara e un armario aberto. Na parede destaca o debuxo dunha muller, a carón dun taboleiro perforado. A luz entra pola fiestra e fai que o ambiente sexa moi acolledor.
Imaxe dunha habitación xuvenil decorada en tons rosa pastel e branco, cun bonito escritorio, unha cama de madeira clara e un armario aberto. Na parede destaca o debuxo dunha muller, a carón dun taboleiro perforado. A luz entra pola fiestra e fai que o ambiente sexa moi acolledor.

Perdiches algo? 

Algunha vez pensaches canto tempo pasas buscando cousas pola casa? As chaves, o móbil, un par de zapatos, eses pendentes que fai tempo que non pos, ou mesmo o cargador que utilizas cada día, pero que sempre deixas nun sitio distinto. Pensa por un momento canto tardas en atopar cada cousa: cinco minutos?, dous minutos?, se cadra máis de dez?  

O certo é que, por pouco que adiquemos a atopar estes obxectos cotiáns, todo suma. En IKEA non queremos que desperdicies nin un minuto máis e invistas todo o tempo en gozar das cousas que de verdade importan. Así que, segundo o popular dito "o tempo é ouro", fixemos un estudo en colaboración con Sigma Dos para saber exactamente canto investimos nestes pequenos descoidos. Os resultados son verdadeiramente sorprendentes. Sigue lendo e comprobaralo! 

O que din os resultados 

Un dos primeiros datos que hai que salientar deste estudo é que case a metade dos españois (un 48 %) perden algo polo menos unha vez por semana. É dicir, cada semana máis de 20 millóns de persoas deteñen a súa vida para buscar obxectos perdidos! Destas, un terzo perden 3 cousas ou máis.  

Pero realmente non tardamos tanto en atopalas, non? A media estaría entre 1 e 10 minutos, unha cantidade que non parece demasiado alarmante, se non fose porque ao longo da nosa vida tradúcese en máis de 6,5 meses, o que equivale a case 5000 horas buscando cousas.

Ranking de obxectos perdidos 

Se facemos un top 3, o premio ao obxecto que perdemos con máis frecuencia sería para as gafas (tanto graduadas coma de sol). En segundo lugar estarían os bolígrafos e en terceiro, obxectos como o móbil, as chaves, o cargador e demais complementos.  

No referente á roupa, as prendas con maior predisposición a perderse pola casa son as partes de arriba (camisetas, blusas, suadoiros...), seguidas da roupa de fogar ou baño (como sabas ou toallas) e, por último, como non, a roupa interior. De feito, cantos calcetíns perderon algunha vez a súa media laranxa?

Na nosa vida investimos unha media de 5000 horas en buscar obxectos perdidos pola casa.

O noso comportamento na casa 

Con todo isto, xorde a seguinte pregunta: por que sempre acabamos perdendo as mesmas cousas? Para comprendelo, debemos coñecer mellor a nosa forma de vivir na casa.  

Se analizamos como son os fogares españois, vemos que as estancias con máis obxectos destinados á almacenaxe (como caixas e organizadores) son o salón e o dormitorio. Non obstante, nestas mesmas dúas estancias é onde máis tempo pasamos buscando cousas. Algo falla, non? Sigamos investigando. 

Segundo os resultados sobre o reparto das tarefas do fogar, soamente un 9 % dos españois as reparten equitativamente entre todas as persoas da casa. Normalmente estas labores recaen na súa maioría (e case na súa totalidade) nas mulleres. Soamente o 24 % das mulleres enquisadas indican que reparten as tarefas con outra persoa da unidade familiar a partes iguais.  
 
No referente á previsión de limpeza e orde, non hai unha estratexia definida. A maioría das persoas afirman que ordenan cando teñen tempo (un 34 %). Isto ocorre nas vivendas unipersoais, con fillos maiores de idade ou de parellas sen fillos. Despois habería outra porcentaxe de persoas que ordenan un pouco todos os días (un 32 %) e un último grupo que só o fai na fin de semana (un 24 %).  
 
O certo é que, aínda que os españois nos definamos como persoas ordenadas, non sempre é así. As razóns polas que xustificamos non ordenar a casa son a falta de tempo (36 %), a falta de interese (25 %) ou o complicado que resulta ordenar tantas cousas (22 %).  

En que deriva esta desorde? 

Xa sexa por un motivo ou outro, ordenar non é a nosa prioridade. E que ocorre cando esa desorde se apodera das nosas vidas? Pois, como xa comentamos, pasa que perdemos unha e outra vez os mesmos obxectos e con eles o noso tempo.  

Case o 86 % das persoas afirman que ter a casa ordenada prodúcelles unha sensación pracenteira e de benestar. De feito, 1 de cada 2 españois asegura ter sufrido estrés ou ansiedade ao perder algo e custarlle atopalo. Normalmente os obxectos que nos provocan máis angustia son as chaves e o móbil.  

1 de cada 2 españois sentiu estrés ou ansiedade algunha vez por ter perdido un obxecto.

Agora que facemos? 

Polo tanto, coa información que recompilamos sabemos que perdemos polo menos un obxecto á semana, que este adoita pertencer ao dormitorio ou ao salón e que nalgunhas ocasións esta perda pode chegar a provocarnos ansiedade. Tamén comprobamos que non resulta fácil ordenar a casa pola cantidade de cousas que temos e que non sempre dispoñemos de tempo para facelo e, cando si o temos, preferimos adicalo a outra actividade. Non obstante, encántanos chegar á casa e que todo estea perfecto.  

Que che pareceron estes datos? Cres que a ti che pasa o mesmo? Se queres calcular canto tempo perdes buscando cousas pola casa, podes facer esta sinxela proba. Non te preocupes: se te asustas co resultado, estaremos aquí para axudarche.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.