Cando os polos opostos se atraen
Namorados, si; os mesmos gustos, non. Cando dous adultos deciden vivir xuntos, como se crea un fogar que os dous poidan considerar de seu? Axúdanos a deseñadora de interiores Mia Gustafsson.


Coñece á deseñadora
A deseñadora de interiores Mia Gustafsson asumiu o reto de crear un fogar para unha parella que acababan de ir vivir xuntos. Dúas persoas moi namoradas pero con gustos diferentes no tocante á decoración de interiores. "Quería crear un espazo no que os dous se sentisen como na casa, no que confluísen os seus dous estilos e historias persoais".
Aproveita ao máximo o espazo
Unha mestura de sistemas de almacenamento abertos e pechados fai que che sexa moi doado gardar os teus obxectos máis prezados de xeito que queden á vista e, á vez, ocultar os que non queres que se vexan. "Esta parella xoga coas súas solucións de almacenamento: empregan desde grandes armarios a estantes para marcos transparentes e cestas. Saben maximizar o espazo dun xeito moi persoal", di Mia.
O prezado espazo intermedio
O armario do salón non só é un bo expositor para amosar os teus obxectos máis queridos tralas súas portas de cristal, senón que tamén fai de soporte para as táboas de surf. Ademais, é o lugar perfecto para lucir unha colección de sombreiros. "Aproveitar o espazo intermedio é un xeito xenial de optimizar unha casa. Dá moito xogo".
Unha nota de cor nun fondo suave
Mia Gustafsson empregou cores intensas como un maino fondo sobre o que construír este ecléctico fogar. Pero hai excepcións, como o marco en cor coral da porta do dormitorio: "Non teñas medo a poñer unha nota de contraste. Se o resultado non era o que esperabas, ou se cansas de vela, é fácil volver pintar", di.
Amobla con son e luz
Para crear o mellor ambiente na casa, non só se precisan alfombras, mobles ou láminas. O son e a luz tamén poden marcar a diferenza entre un luns grisallo e outro fabuloso. "Empreguei tres altofalantes Wi-Fi SYMFONISK, un no dormitorio e dous no salón. Intégranse perfectamente na casa, soan moi ben e pódense controlar individual o conxuntamente. Son perfectos para cando cada un deles queira escoitar cousas distintas en cuartos diferentes", di Mia.
Funcionalidade cun toque lixeiro
Tanto a cociña (que, no canto de empregar os clásicos azulexos, está protexida por paneis en cor latón) como o roupeiro (co papel e os azulexos en diferentes deseños) achegan algo inesperado a esta casa concibida dun xeito moi práctico. "Por exemplo, os armarios PAX. Teñen portas corredizas, co cal son perfectos cando non hai moito sitio, e aínda que por fóra son iguais, por dentro están personalizados segundo o que precisa cada un dos membros da parella".
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Mia Gustafsson
Fotografía: Martin Inger