Solucións para renovar e organizar o baño sen facer buratos
Necesitas máis espazo no baño, pero non queres furar a parede? Temos o que estás a buscar! Renova o baño e vólveo totalmente funcional e práctico con estas solucións de organización e almacenaxe. Descubre a nosa económica gama de accesorios con ventosa e despídete do trade!
Bricolaxe sen trade
O baño é unha das estancias da casa na que máis obxectos e accesorios se acumulan. Por iso, telo ben organizado é vital para que sexa totalmente funcional e nos facilite a rutina diaria de hixiene persoal.
Pero que pasa se temos un baño pequeno e non podemos (ou non queremos) furar os azulexos da parede para poñer ganchos ou outros complementos que nos axuden coa orde? Nós propoñemos unha opción sinxela, bonita e moi económica.
Os accesorios de baño con ventosa son perfectos para evitar utilizar o trade en zonas complicadas e fráxiles (como os azulexos), co risco de estragalas e rachalas. Por iso, queremos presentarche unha das nosas series máis eficaces: TISKEN.
Utilizando obxectos con ventosa, como calquera da gama TISKEN, poderás facer mil e unha probas sobre onde colocar cada elemento do baño sen ningún perigo. Así que o risco é cero!
Todos os artigos TISKEN se instalan con ventosas, polo que non é necesario tradear a parede, o que resulta ideal se vives de aluguer ou sinxelamente a bricolaxe non é o teu.
O mellor é que con esta opción tan económica conseguimos uns resultados igual de eficaces e favorecedores.
A liña inclúe dende un outro para a cabeza da ducha ata unha cesta que soporta ata 5 kg de peso, entre outras moitas cousas!
Deste xeito podemos diferenciar no baño os produtos de cada persoa e telo todo sempre nun único lugar, para que o baño estea máis ordenado, incluso cando o estamos utilizando.
Sabías que a serie TISKEN está feita con plástico ABS reciclado? Así que, ademais de práctica, é respectuosa co medio ambiente.
Como colocar accesorios de baño con ventosa
O método para colocar os complementos de baño TISKEN e calquera outro accesorio con ventosa é realmente sinxelo. Porén, debemos ter en conta un par de detalles. Toma nota:
- A superficie onde os vaiamos adherir debe ser lisa, por exemplo, unha superficie de vidro ou un espello. Por exemplo, non se recomenda colocar estes accesorios en paredes con papel pintado ou outro tipo de material que se poida estragar ao retirar a ventosa.
- Cando os coloquemos en baldosas e azulexos, hai que asegurarse de que a ventosa non estea en contacto con ningunha xunta para evitar zonas ocas ou con aire.
- Ademais, é aconsellable limpar a superficie previamente para evitar que os restos de po ou as manchas poidan afectar a adherencia das ventosas.
- Revisa o peso máximo para cada accesorio, xa que cada un terá un límite de carga diferente que hai que ter en conta á hora de decidir que produtos de baño poñer nel, especialmente nos ganchos ou nos cestos.
E listo! Viches que sinxelo é? Se te trabucas de lugar e debes volver colocar o accesorio, só tes que meter unha tarxeta de crédito (ou similar) entre a ventosa e a parede. Non quedarán buratos nin marcas.
Proba a colocar accesorios TISKEN a diferentes alturas para que os nenos cheguen ás súas cousas sen axuda, e incluso atrévete a poñelos noutras zonas da casa, como a cociña ou o cuarto de xogos.
Cestas de baño prácticas e sostibles
Ademais dos ganchos adhesivos para o baño, sempre podemos empregar outros complementos para organizalo todo e gañar espazo. Por exemplo, un colgadoiro para detrás da porta ou, como che ensinamos na foto, unhas prácticas cestas para gardar obxectos pequenos. Gústanche? Son as nosas caixas RABBLA.
Ideais para o cuarto de baño! Son flexibles, resistentes á humidade e encastelables, de xeito que engaden espazo de almacenaxe sen ocupar moito.
De feito, unha das caixas ten varios compartimentos no interior para organizar diferentes artigos que sempre andan de aquí para alá, como xoias ou maquillaxe, co que se facilita a rutina matinal.
E, conforme ao noso compromiso de sostibilidade, non nos conformamos cunha caixa bonita e práctica, senón que ademais conseguimos que fose un produto máis sostible. Como? Fabricando estas caixas RABBLA cun dos materiais reciclables por excelencia: o bambú, así como poliéster reciclado. Este esforzo permítenos reducir o consumo de materias primas novas e contribuír á diminución do impacto ambiental.
As caixas RABBLA están fabricadas en bambú e poliéster reciclado. Ao empregar menos materias primas, o seu impacto ambiental é menor.”
Queres máis trucos para ordenar o baño e telo sempre perfecto? Deixámosche, como toque final, este vídeo con consellos e outros produtos moi prácticos para o fogar.
Non esquezas ler a nosa selección de artigos (dispoñible máis abaixo) con máis consellos para gozares dun verdadeiro fogar.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.