Saltar

Bota unha ollada ao novo sistema de son de IKEA e Sonos

Este outono, IKEA lanza SYMFONISK, unha nova gama de altofalantes intelixentes deseñados xunto cos especialistas de son Sonos. Presentados este ano na feira de deseño de Milán, están listos para democratizar o son.

Un novo altofalante SYMFONISK con forma de lámpada de mesa descansa sobre un soporte e é fotografado diante dun fondo gráfico.
Un novo altofalante SYMFONISK con forma de lámpada de mesa descansa sobre un soporte e é fotografado diante dun fondo gráfico.

Presentación de SYMFONISK na feira do moble de Milán

Durante unha semana cada primavera, toda persoa interesada no deseño de interiores préstalle atención a Milán. Este ano, IKEA organizou a exposición "Feel Home" (Sinte o fogar), unha exposición sobre son e iluminación, e sobre a súa capacidade para levantar o ánimo. Tamén foi unha oportunidade para que todas as persoas que seguen a feira do moble lle botasen unha primeira ollada a SYMFONISK.

O son, como a luz, pode cambiar o estado de ánimo no fogar. No informe sobre a vida no fogar de IKEA, o 60 % dos participantes dixo que pon música na casa para sentirse ben. Este foi o punto de partida da feira de Milán…

IKEA e Sonos rompen as barreiras do son

"O son é unha parte profundamente emocional das nosas vidas", di Tad Toulis, vicepresidente de deseño de Sonos (á esquerda na foto en Milán con Björn Block, responsable de negocio de IKEA Home Smart). "IKEA e Sonos recoñecen a importancia dun bo son e do seu potencial para crear un efecto positivo na vida no fogar".

O teu sistema de son perfecto

IKEA e Sonos queren democratizar o son ofrecendo un sistema de son intelixente a un prezo económico cos seus altofalantes de alta calidade, fáciles de instalar e de usar. SYMFONISK son altofalantes Wi-Fi con dous deseños, un de libraría e outro de lámpada de mesa, que veñen co sistema de son Sonos totalmente integrado e controlado mediante a aplicación Sonos. En Milán, os visitantes probáronos nunhas cabinas de proba de son co SYMFONISK incorporado.

A semana do deseño de Milán está dedicada a novos produtos para o fogar, así que é o lugar perfecto para presentarlle SYMFONISK ao mundo. Durante catro días, un recuncho da Zona Tortona converteuse nun escenario de son perfecto para os novos altofalantes de IKEA e Sonos.

A exposición foi un patio de recreo. Coas instalacións interactivas, a xente puido xogar coa luz e o son, ver como nos afecta ás persoas, como reaccionamos ante os diferentes sons e como viaxa a luz.

Os altofalantes intelixentes SYMFONISK sairán á venda a partir de agosto. Mira o vídeo e experimenta a emoción do son que transmiten agora.

O ambiente e mais a comodidade son clave na creación do concepto de fogar intelixente de IKEA, e o deseño de SYMFONISK incorpora esta idea á perfección".

Björn Block, responsable de negocio de IKEA Home Smart

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.