Ata os dinosauros necesitan unha pausa
Se nunca te atopaches cun dinosauro canso, debes saber que son bastante inestables. Así que podes axudar os teus fillos a montar o lugar de descanso idóneo para estes animais prehistóricos. Deste xeito, terás a seguridade de que non haberá peluches deambulando pola casa, e poderás crear un lugar perfecto para descansar e contar historias cos teus fillos, apto para humanos, dinosauros e calquera outra especie á que lle guste xogar.


Durme cun estegosauro
Ao igual que os adultos, os nenos precisan durmir ben todas as noites. Quizais incluso máis. Unha cama acolledora con dinosauros de tódolos tamaños e formas fai que sexa máis doado deitar os futuros paleontólogos. Podedes repasar os seus favoritos como última actividade antes de durmir.
Que deitarse sexa unha aventura
JÄTTELIK é unha nova colección con todo o necesario para transformar o cuarto dun neno nun mundo divertido e prehistórico. Acurrúnchate baixo a roupa de cama suave e de algodón na que moran os dinosauros impresos, usa o toldo para construír unha gorida acolledora ou fai ambas cousas.