Ás veces, o amor demóstrase quedando na casa
A medida que avanzamos cara ao outono, temos que poñer en orde as nosas prioridades. De súpeto, a preguiza estival transfórmase en ansias laborais, e chegamos a esquecer o que era descansar. Por iso hai ocasións nas que o mellor que podes facer para amosar afecto é sucumbir ao cansazo, quitar os zapatos, lavar os dentes noutro momento e acurruncharte coa túa parella ata que vos venza o sono.


Cortinas que ocultan o resto do mundo
Despídete da luz solar ou da que provén da rúa coas cortinas opacas HILLEBORG. Están fabricadas con PET reciclado, polo que a tea é suave e uniforme, e resulta unha opción máis sostible en xeral. Se necesitas que o illamento sexa maior, proba a colocar cortinas en capas.
Calor ou frío? Atopa o equilibrio perfecto
Adoitas pasar frío polas notes? Ou, pola contra, o que tes é calor? Proba o edredón SMÅSPORRE, adecuado para todas as estacións. Confórmano un edredón lixeiramente cálido e outro máis caloroso, que poden xuntarse ou usarse por separado, polo que é útil durante todo o ano.