Saltar

Ás veces, a tranquilidade está a unha canción e unha cadeira reclinable de distancia

Recuperar o equilibrio non ten por que ser máis doado nunha cadeira de brazos reclinable, pero pode ser de moita axuda. En calquera caso, o equilibrio non se consegue a través do mobiliario, por moi cómodo que sexa e por moito que se recline. O importante é ter espazo para respirar e recargar a enerxía, independentemente de onde esteas e do tempo que teñas para relaxarte. Pecha os ollos, pon a túa lista de reprodución favorita e pérdete nos teus pensamentos.

Un home, apoltronado e cuberto por unha manta nunha cadeira de brazos reclinable GISTAD de cor negra, escoita música nun altofalante wifi SYMFONISK branco.
Un home, apoltronado e cuberto por unha manta nunha cadeira de brazos reclinable GISTAD de cor negra, escoita música nun altofalante wifi SYMFONISK branco.

Hora de levantar os pés

Queres botar unha cabezada ou necesitas unha sesta en condicións? Coa cadeira de brazos reclinable GISTAD podes sentar en posición vertical, recostarte ou tombarte, e apenas ocupa espazo. É a mellor opción para recuperar o equilibrio.

Unha manta para calquera ocasión

As mantas suaves son indispensables para estarricarte. A manta ODDRUN de cor beixe é un artigo único, xa que o algodón sen tinguir nin aclarear ofrece variacións de cores naturais.

Descansa cun bo té

A mesa auxiliar YPPERLIG é unha boa opción en calquera circunstancia. Grazas ás súas patas de bidueiro firme, é doado movela e colocala onde queiras. Así, sempre terás unha cunca á man, sen importar onde decidas relaxarte.

Abraza o son

O son contribúe tanto á atmosfera do fogar como as alfombras, as obras de arte ou os sofás. Co altofalante de estante wifi SYMFONISK non só gozas de sons de calidade e envolventes. É un produto versátil que pode colocarse en posición vertical ou horizontal, empregarse de forma independente e colgarse na parede como se fose un estante.