Saltar

Almacenaxe de libros con carácter

Estas suxestións poden dar aos teus libros un novo aspecto, tanto se os amosas ou se os ocultas.

Unha exposición mural que mostra obras de arte e libros en vitrinas e en estantes para cadros.
Unha exposición mural que mostra obras de arte e libros en vitrinas e en estantes para cadros.
Aproveita as paredes para expoñer todos os teus libros. Destaca as túas lecturas favoritas. Recolle os clásicos nunha minivitrina para que se vexan e estean protexidos. Os libros con cubertas rechamantes poden estar en andeis para cadros que aguanten algo de peso. Sepárao todo con andeis para cadros máis pequenos que mostren os libros que estás a ler nese momento.

Ordénaos (e gárdaos) en caixas de almacenaxe para libros. Aproveitan moi ben o espazo, dan uniformidade á estancia e permítenche ter os teus libros ao alcance da man. Divídeos por temática, propietario, autor... ti decides! Os libros dos nenos poden ir en caixas máis baixas. Etiquetamos as caixas fiando tea en forma de letras.

Dálles un xiro argumental aos teus estantes. Reorganízaos! Usa as técnicas coas que te sintas a gusto. Agrupa por cores, alterna filas verticais e pilas en horizontal e deixa espazos baleiros para colocar figuras ou adornos. Un estante máis baixo deixa espazo arriba para que poidas seguir expresando o teu estilo.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Geneviève Jorn / Nathalie Kamkum
Fotografía: Mårten Linton
Texto: Marissa Frayer