As mellores alfombras de IKEA para vestir a túa casa por menos de 60 €
Decorar con alfombras é unha fantástica forma de vestir a casa no inverno e manter a temperatura do fogar, sabíalo? É por iso polo que non nos puidemos resistir a preparar unha selección das nosas mellores alfombras para que poidas elixir, dentro dun orzamento moi económico (menos de 60 €), a alfombra que mellor se adapta á túa casa.
Descubre todas as vantaxes de apostar por téxtiles accesibles, sostibles e cun propósito social. Contámoscho todo!
1. Unha alfombra grande coa que decorar e aforrar diñeiro
Como xa adiantamos, as alfombras non só serven para decorar a casa e poñela bonita, senón que ademais son un gran xeito de illala do frío exterior e manter a temperatura ideal dentro da casa. Ao manter a estancia máis quente, conseguimos directamente reducir o consumo de enerxía e, por tanto, aforramos en calefacción. Non che parece marabilloso? E todo iso á vez que decoramos!
Axustándonos a un orzamento máximo de 60 €, empezamos cunha das nosas opcións máis económicas, TIPHEDE, unha alfombra grande (120x180 cm) fabricada con algodón reciclado. E é que todas as nosas alfombras están confeccionadas dun xeito moito máis responsable co ambiente. De feito, todo o algodón dos nosos produtos procede de fontes sostibles, é dicir, que se recicla ou cultiva con menor consumo de auga, pesticidas e fertilizantes.
TIPHEDE é perfecta para todo tipo de chans, mesmo se teñen calefacción radiante, pero o que máis nos gusta é que é moi sinxela de manter. Gústache este primeiro exemplo? Pois sigue connosco, que temos aínda máis…
2. Alfombras económicas, sostibles e cun propósito social
Máis aló das vantaxes que comentamos, queremos falarche do propósito social das nosas alfombras artesanais. E é que teñen un engadido moi importante, xa que traballan por acadar unha mellora nas condicións de vida das persoas que as elaboran. Explicámoscho.
Desde 2010 emprendemos a iniciativa de regular e mellorar as condicións laborais dos tecedores de alfombras da India e Bangladesh. Deste xeito, asegurámoslles un traballo xusto e máis seguro, á vez que seguimos obtendo un produto artesanal e de calidade.
Seguindo este propósito, e dentro desta listaxe de mellores alfombras IKEA por menos de 60 €, queremos falarche de MELHOLT, unha alfombra económica, sostible e artesanal.
Está elaborada con la escura e xute, e ao ser unha alfombra feita á man e ter variacións naturais de cor polo material, o debuxo final de cada alfombra é único e especial. Nunca haberá dúas alfombras iguais! Se ademais estás a buscar unha alfombra resistente e duradeira, MELHOLT é perfecta para ti. E é reciclable!
3. Alfombras quentiñas e suaves para máis confort
Se estás a buscar unha alfombra desas nas que estarías horas e horas paseando os pés tan só polo tacto tan agradable que teñen, encantarache a nosa seguinte candidata.
STENLILLE é unha alfombra de pelo curto que che proporciona unha textura suave, branda e cómoda para os pés. Ao ser máis densa que as que che ensinamos máis arriba, ofrece outras vantaxes como, por exemplo, un mellor amortecemento do ruído. Neste caso, a alfombra está feita de fibras sintéticas (polipropileno, un plástico potencialmente reciclable), polo que apenas se mancha e é resistente e sinxela de manter.
Os plásticos de fácil reciclaxe, como PET, PE e PP, son algúns dos máis utilizados nos produtos de IKEA e esforzámonos para que todos eles cumpran estritamente coa normativa legal e a seguridade. Actualmente, un terzo do plástico dos nosos artigos provén xa de fontes renovables ou reciclables. Con todo, de cara ao 2030, queremos ir máis aló e, polo que a nosa meta é que absolutamente todos os plásticos utilizados nos nosos produtos cumpran este requisito, de xeito que xeremos un impacto positivo nas persoas e o planeta. Que che parece?
4. Alfombras redondas para espazos máis pequenos
Buscas unha alfombra pequena, pero cun toque orixinal e diferente á tradicional alfombra rectangular? As alfombras redondas son perfectas para vestir a casa con téxtiles sen ter que ocupar unha gran superficie. Mira!
Neste exemplo, mostrámosche STOENSE, unha opción estupenda de pelo curto que se adapta a calquera espazo, desde debaixo da mesiña de centro da sala de estar ata os pés da nosa cama. O seu lixeiro brillo fai que se cren variacións de cor, o que dá unha textura acolledora e cálida.
Se queres algo un chisquiño máis pequeno, este deseño vaiche encantar. RISGÅRDE é unha opción supereconómica e práctica. Ao tratarse dunha alfombra pequena pódese aspirar facilmente (mesmo meter na lavadora) e colocar en practicamente calquera lugar da casa (sempre que non haxa humidade, claro).
Ademais, esta alfombra é moi especial. Sabes por que? Está feita con poliéster proveniente de botellas de plástico recicladas, o que nos permitiu reducir o consumo de novas materias primas e diminuír o impacto ambiental. E todo isto, garantindo a mesma calidade e seguridade que calquera outra alfombra. Perfecto!
5. Alfombras alongadas para corredores e zonas estreitas
Hai zonas na casa que poden ser especialmente complexas para decorar ou vestir, como os corredores ou o recibidor. Pero vas ver que todo ten remedio! Por iso, nesta lista de mellores alfombras económicas non podían faltar unhas recomendacións para poñer fin a ese dilema dunha vez por todas.
Empezamos por unha solución moi colorida e accesible. RAKLEV é unha alfombra multicolor feita á man con xute, un material que nos vén xenial se queremos que a nosa alfombra o soporte todo, especialmente unha zona tan concorrida como un corredor. E cos seus fíos de la, conseguimos unha alfombra moderna, totalmente orixinal e viva.
Se prefires algo menos "rechamante", temos outras opcións, como esta coa que terminamos a listaxe. LOHALS é a nosa alfombra natural de cores neutras que lle dará un pouco de calma e acougo ao espazo. Tamén está elaborada con xute, así que será moi duradeira.
Como verás, na fotografía pódese apreciar que hai algo xusto embaixo da alfombra. É un dos nosos protectores antiescorregantes para alfombras(STOPP). E é que, se pomos unha alfombra na casa, o mellor é fixala ao chan para evitar que se mova e corramos o risco de escorregar. Por iso, merques a alfombra que mercares, non esquezas asegurala. Ademais, así será máis fácil de aspirar.
Que che pareceu? Anímate e viste a túa casa cunha das nosas alfombras. Encherás a túa casa de estilo, aforro e un valor engadido, como o feito de saber que contribúes a unhas condicións laborais xustas para os seus creadores.
Se quedaches con ganas de máis inspiración para o teu fogar, non perdas estes artigos sobre decoración e aforro.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.