Saltar

4 ideas de bricolaxe para renovar os teus mobles IKEA

Agora todos somos máis conscientes da necesidade imperante de coidar o noso planeta e ser máis sostibles. Non debemos comprar sen control e temos que aproveitar ao máximo o que xa hai na casa, especialmente se falamos de decoración. Nós somos os primeiros que animamos a que volvas utilizar e renoves os teus mobles. Como? Aquí aprenderás a dar unha nova vida a algúns produtos IKEA ou outros obxectos similares que tiveres na casa. Proba as nosas ideas de bricolaxe para renovar mobles e goza da satisfactoria sensación de facelo ti!

1. Renova a túa vaixela cun pouco de pintura

 

Dá aos teus pratos brancos un toque totalmente único cun pouco de pintura cerámica. Nós empregamos tres métodos diferentes. Recorda que se utilizas pintura á auga será moi doado retirala se non che gusta o resultado!

  1. O primeiro que probamos foi un efecto acuoso: pintamos o bordo do prato e, despois, somerxémolo brevemente nunha cunca de auga (para que a pintura se dilúa un pouco).
  2. Deseguido, procedemos a pintar o prato cunha brocha.
  3. Por último, tamén coa axuda dunha brocha, creamos un efecto de salpicadura.

Cando teñas o resultado desexado, sigue as instrucións do fabricante da pintura para fixar o deseño (coa nosa había que cocer os pratos no forno).

2. Decoración estilo industrial

 

Unha das tendencias en decoración que veñen pisando firme nos dous últimos anos é o estilo industrial. O noso estante HYLLIS ten xusto ese aire, pero podemos darlle un aspecto renovado e diferente para espazos onde quixeres engadir unha peza que destaque noutra cor. Aquí explicamos como facelo:

  1. Buscamos unha malla metálica nunha ferraxería e pedimos que nola cortasen á medida do estante.
  2. Despois aparafusámola nos buratos que xa tiña a estrutura.
  3. Por último, pintámola totalmente branca con pintura en spray. Podes elixir calquera cor, dependendo da decoración da estancia na que a vaias incluír. Nós recomendamos que, se casan, uses o branco, o negro ou o verde para estar á última no teu fogar.

Podes facer unha idea das tendencias e cores que se levan na nosa sección de estantes!

3. Transforma a LACK nun moble vintage

 

Converter a túa LACK nunha mesa máis clásica e personalizada é posible sen moito esforzo:

  1. Primeiro, fixa unhas molduras decorativas (precisarás 8).
  2. Pinta toda a mesa con pintura en spray e déixaa secar.
  3. Despois mide o taboleiro da mesa e coloca os azulexos decorativos na orde que máis che guste. Cando tiveres listo o teu deseño, utiliza unha pistola de pegamento termofusible para fixar os azulexos á superficie.
  4. Nós engadimos un toque final con franxas no chan pintadas da mesma cor que a mesa, mais é totalmente opcional, porque sen elas tamén queda xenial.
     

Goza de máis ideas para personalizar a túa mesa LACK!

4. Opta polo estilo retro!

 

Esta proposta deixarate coa boca aberta. Mostrámosche unha forma doada de cambiar o aspecto duns mobles de caixóns básicos, como a nosa cómoda RAST, para que parezan armarios arquivadores de estilo retro:

  1. Primeiro, retira os pomos.
  2. Para creares o efecto visual de ter o dobre de caixóns, terás que fixar dúas novas pezas de madeira sobre cada fronte de caixón.
  3. Mide a fronte do caixón orixinal e corta dúas novas frontes para cada un (6 en total) a partir dun taboleiro de madeira.
  4. Coloca as pezas en cada caixón deixando un espazo entre as dúas para conseguir o efecto de dous caixóns. Pégaas á fronte do caixón orixinal e deixa que sequen totalmente suxeitas cunhas pinzas.
  5. Repite o proceso cos outros dous caixóns. Cando estea todo seco, pinta toda a cómoda cunha tinguidura de cor; se aplicas dúas capas, o ton será máis intenso.
  6. Tradea os buratos para os novos pomos, axústaos e decora cunhas etiquetas para conseguir o efecto completo.

Gustáronche as nosas propostas? Pois velaquí tes outros dous artigos con moitas máis ideas para renovar os teus mobles e dar un aire novo ao teu fogar por pouco diñeiro.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.