Saltar

Consellos para aforrar papel na casa

Aforrar papel na casa é un dos hábitos máis recomendables á hora de manter a sostibilidade no fogar. Non son máis ca pequenos xestos que nos axudan a ser un pouco máis conscientes da cantidade de papel que tiramos sen darlle máis ca un só uso, cando a súa vida e as súas utilidades poderían ser moito máis amplas.

Imos ver todos estes consellos útiles para aforrar papel na casa dun xeito moi sinxelo, a través de ideas que poden ir do máis evidente dentro das nosas rutinas ata o máis creativo. Non só axudarás ao medio ambiente o teu fogar será máis sostible; tamén aforrarás, e moito!

Evita imprimir documentos se non é necesario

 

Aínda que as novas xeracións xa non precisan ver nada físico, senón unicamente en pantallas, a realidade é que aínda somos moitas as persoas que tendemos a imprimir documentos para "velos mellor" ou máis comodamente. Ben, quizais este hábito debería cambiar se queres aforrar papel na casa.

Antes de imprimir algo, reflicte sobre se realmente o precisas. Moitas veces imprimimos documentos que, ao final, apenas lemos unha vez. Pensa que no ordenador tamén tes posibilidades analóxicas coma o subliñado de frases, ademais doutras que che farán a vida máis doada, como a posibilidade de buscar palabras clave no documento ou engadir comentarios.

Tes que firmalo? Faino tamén de maneira dixital en lugar de imprimilo para posteriormente escanalo. Aforrarás unha cantidade de papel incrible!

 

Reutiliza o papel de agasallo

 

Cantas veces abriches un agasallo e fixeches unha bola co papel para tiralo ao lixo? Hai papeis de agasallo que son unha auténtica marabilla e que nos poden servir para outras ocasións. Porén, ademais do máis obvio, que é reutilizalo para envolver máis agasallos, tamén podes reutilizalos de moitas outras maneiras:

  • Pousavasos: só precisarás un cacho de cortiza ou madeira, un papel de agasallo bonito e forro de plástico.
  • Forrar libros: Así evitamos que a portada se estrague, sobre todo cos libros de texto dos cativos da casa.
  • Reutiliza as bolsas de agasallo para outros fins: como bolsa do pan, clasificador ou cesta para outros papeis.
  • Se o papel de agasallo ten un debuxo bonito e grande, pode servirche de lámina para enmarcar e decorar un cuarto. Incluso o papel de agasallo infantil, cos seus debuxos favoritos, pode ser xenial para enmarcalo e decorar o seu cuarto.
  • A idea máis sinxela? Córtao en mil cachiños diminutos e úsao como confeti para a túa seguinte esmorga.

Papel: dálle usos novos e máis creativos

 

Se che gustan as manualidades, tes moito que facer cos papeis usados. De feito, se tes xeito, que che parecería ter un espazo no que colocar todos os teus materiais de maneira ordenada e clasificada? Nós propoñémosche un carriño coma este, dentro do que podes manter a orde grazas a diferentes cestas, caixas ou clasificadores.

Nesta proposta utilizamos os nosos papeis usados para facer barquiños e paxaros de origami. Por certo, "origami" é unha palabra chinesa que se divide en dous vocábulos: Ori, que significa dobrar, e Kami, que significa papel ou deus. Sabíalo?

Aforrar papel na casa pode ser un acto de creatividade!

Unha caixa de "follas usadas" para traballar

 

Cando traballamos tanto na casa como na oficina, moitas veces acabamos coa papeleira de reciclaxe chea de papeis. Mentres sexa na de reciclaxe de papel, fenomenal! Pero quizais poderías reutilizar moitos deses papeis que tiraches, non cres?

Sexa na casa ou na oficina, recomendámosche que coloques preto da mesa unha caixa para os teus papeis. Deste xeito, poderás ir gardando aqueles que só están usados por unha cara ou nunha zona concreta, para despois volver utilizalos noutra ocasión como borrador, para tomar notas, ou simplemente para esbozos creativos.

Reduce o consumo de papel na cociña

 

Por último, outra zona na que gastamos moitísimo papel é na cociña. Cantas veces vertiches un líquido ou caéronche migas e usaches panos de mesa ou papel de cociña? Ben, pois outro xeito de aforrar papel na casa é cambiar este hábito por outro moito máis sostible. Usar os trapos e panos de cociña.

Seca as mans cun trapo, limpa as superficies cun pano reutilizable, recolle as migas cun aparato específico ou simplemente coas mans… Son pequenos xestos que se converten en hábitos para aforrar e ser máis sostible.

Se queres máis ideas sobre aforro e sostibilidade, non perdas:

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.