Saltar

Adornos de Nadal sinxelos para unha decoración bonita e económica

Pode que este ano teñamos que celebrar o Nadal dun xeito distinto ao que estamos afeitos. Con todo, non queremos que ningunha casa quede sen este toque máxico repleto de espírito de Nadal que tanto alegra.

Non perdas esta selección de artigos para que, por moi pouco diñeiro, poidas dar un decorado de Nadal á túa sala de estar e a túa casa quede ben bonita.  

Luces decorativas de Nadal

O encanto da decoración do Nadal, por moi económica que sexa, sempre está nas luces de Nadal. Para que poidas decorar a túa casa sen gastares demasiado diñeiro, o mellor é que te centres en pequenos detalles, coma este.  

Alén das típicas luces, como as grilandas LED e mesmo as candeas de Nadal, están as lámpadas decorativas, unha alternativa xenial para creares unha luz de ambiente e que encanta aos máis pequenos polas súas divertidas formas. 

A lámpada SOLBO, por exemplo, emite unha luz tenue que non molesta nada. Ten forma de bufo, polo que é perfecta para usar como lámpada infantil ao remate das festas no dormitorio dun pequeno ao que lle guste a natureza. Que che parece? É unha boa forma de facer unha compra un pouco máis práctica, como un 2x1. 

Unha árbore de Nadal sinxela

Pode que xa teñas na túa casa unha árbore de Nadal, pero se non é o caso, non te preocupes, non tes que renunciar a ela. En IKEA, temos unha gran variedade de árbores dentro da colección VINTER 2020 para que poidas ter a túa propia con prezos que se axustan a calquera orzamento.  

E é que non sempre a árbore máis grande é a mellor. De feito, nin sequera ten que ser propiamente unha árbore. Xogando un pouco cos adobíos de Nadal e dándolle o toque final dunha tira de luces LED de Nadal, sempre poderás ter ese característico complemento, típico destas datas, sen baleirar o peto.

Queres ver todas as alternativas á árbore de Nadal tradicional? Fai clic no seguinte botón para descubrir todas as opcións.  

As clásicas bólas

Hai algo máis do Nadal que as míticas bólas de Nadal? A pesar de que se foron creando diferentes adobíos para árbores de Nadal, o certo é que sempre apostamos por elas. E é que son fermosas, mesmo cando non teñen nada máis que unha cor lisa, coma estas. Gústanche?

É un complemento bastante económico, polo que non está de máis telas en conta para a nosa decoración low cost de Nadal. Ademais, non teñen nin sequera que limitarse a decorar a árbore de Nadal. Sabes que se poden utilizar para vestir outras zonas?

Por exemplo, nós imos decorar esta cadeira para unha cea ou unha comida en familia para que todo o mundo teña un sitio especial. Só precisas poñer unha fita longa, adornala cunhas bólas e poñer unha etiqueta co nome da persoa que vai sentar nela. Se che gustou a idea, podes facer a mesma técnica da fita e as bólas para creares unha tira de bólas de Nadal e decorar un moble ou a parede.  

E se queres que os teus adornos de Nadal sexan aínda máis diferentes e aforrar un cartiños, por que non probas a crealos ti? Pode ser unha boa oportunidade para facer este ano uns cantos adornos do Nadal con materiais reciclados, unha opción sostible, económica e moi divertida.  

O efecto final: unha decoración do Nadal sinxela e preciosa

Con estes pequenos detalles, conseguimos crear unha atmosfera do Nadal sinxela e favorecedora en toda a sala de estar e cun orzamento moi axustado. Como prometemos, só utilizamos uns poucos adornos de Nadal para decorar o cuarto e que reine un ambiente festivo e acolledor. Que che parece o resultado desta decoración de Nadal?

Agora que temos o básico preparado, é hora de poñer a mesa, preparar os teus pratos estrela para sorprender os comensais, poñer algo de música ambiente e o mellor, gozar dunha agradable compañía rodeado da xente que máis queres.  

Queres máis inspiración para gozar do Nadal na casa? Non perdas estas ideas cargadas de consellos para pasar unhas festas especiais.