Saltar

Adeus á desorde. 6 formas de conseguilo

Todos temos cousas soltas por aí, pero un caixón de xastre só axuda relativamente. Inventamos formas de organizar e ocultar eses artigos do salón que empregamos habitualmente, pero que non queremos ensinar.

Unha fila de coches de xoguete nun chan de madeira clara nun salón con mobles negros e caixas de almacenaxe para organizar xoguetes.
Unha fila de coches de xoguete nun chan de madeira clara nun salón con mobles negros e caixas de almacenaxe para organizar xoguetes.
1. A almacenaxe non é só caixas e andeis. Pode ser un engadido ao teu espazo que achegue algo, como esta cesta trenzada que mantén as túas mantas ben gardadas.

2. Si, é almacenaxe na cama. Con todo, estas caixas con rodas tamén poden servir para o salón. Éncheas con organizadores de interior para que o teu equipo de exercicios estea ordenado e deslízaas debaixo do sofá ata o teu próximo adestramento.

3. Sabémolo. Pode ser difícil dicir adeus aos libros. Porén, non importa canto os aprecies, non tes que deixalos á vista todo o tempo. Monta algúns andeis de libros preto das túas fiestras, ampliando a barra de cortina sobre eles, para manter a túa biblioteca oculta ata a hora da lectura.
 

4. Admitímolo, a loita contra os xoguetes desordenados pode parecer imposible. Fai máis doada a túa vida e a dos teus fillos, con caixas etiquetadas que simplificarán a busca e (o máis importante) gardarán as súas cousas.

5. Aparta o traballo da túa vista para que poidas centrarte en descansar. Un repousapés con almacenaxe incorporada é un lugar perfecto para ocultar o teu portátil, papelame e outros útiles básicos. Todo está aí cando queiras volver traballar.

6. O ambiente é todo, pero non ten por que estar en todos lados. Garda as túas cousas nunha caixa para que sempre esteas listo/a para crear ambiente no salón. Garda as candeas e as flores secas aromáticas á man en botes e caixas decorativas.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Creado por
Decoración: Fredrik Biel
Fotografía: Mats Ekdahl
Texto: Vanessa Algotsson