Saltar

Adaptar unha casa pequena a medida que a familia medra

"Cando a familia medra, pero a casa non, o uso de solucións flexibles e a organización intelixente contribúen a satisfacer as necesidades individuais e seguir compartindo o espazo", di Emilia Ljungberg, deseñadora de interiores de IKEA responsable deste modelo de casa adaptada ás necesidades específicas dunha familia típica que medra.

Sofá de esquina azul con coxíns de cores, dúas mesas de centro redondas e unha alfombra de raias.
Sofá de esquina azul con coxíns de cores, dúas mesas de centro redondas e unha alfombra de raias.

Casa pequena, gran familia

"Ao crear este apartamento familiar para sete persoas inspirámonos na tendencia da expansión urbanística", di Emilia. "Hoxe en día, moitas persoas elixen (ou teñen que) quedar no mesmo fogar aínda que a súa familia medre. En termos de privacidade, isto presenta dous desafíos: como aproveitar ao máximo o tempo que pasamos xuntos na casa e a forma na que cada membro da familia pode decidir onde e como desconectar e meditar". 

O salón convértese no dormitorio dos pais. Un cómodo sofá cama con espazo para gardar cousas, unha mesa auxiliar con rodas e unha acolledora iluminación facilitan o cambio do modo de día ao de noite".

Emilia Ljungberg, deseñadora de interiores de IKEA

Ao converter o vestíbulo nun armario transitable con almacenamento individual e detalles codificados por cores, elimínase a presión sobre os dormitorios e os baños como espazos para amañarse".

Emilia Ljungberg, deseñadora de interiores de IKEA

Cunha mesa de comedor extensible, o lugar para as reunións familiares pode transformarse nun espazo de traballo para os nenos ou nun espazo para que os pais pasen tempo xuntos ou con amigos".

Emilia Ljungberg, deseñadora de interiores de IKEA

Compañeiros de liteira

Un dos cuartos é para os tres pícaros maiores, dous dos cales dormen en liteira para aproveitar ao máximo o espazo dispoñible. Os detalles individuais, como as zonas de diferentes cores, o almacenamento de libros e as luces, fan que cada un deles teña o seu propio espazo para ler, descansar e soñar", di Emilia.

Espazo intermitente para adolescentes

"A filla maior precisa tempo e espazo para ela, lonxe dos seus irmáns pequenos. Unha cortina que poida correr para preservar a súa privacidade axúdalle a crear un cuarto dentro doutro. As luces regulables tamén lle permiten controlar e cambiar o ambiente.

Espazo para traballar e expresarse

"A medida que os nenos medran, precisan liberdade para explorar a súa independencia e identidade. Unha combinación de espazo de traballo no cuarto e mesa de toucador permítelles estudar e expresarse".

Un baño familiar para compartir.

"Nunha casa familiar moi concorrida pero cun só baño, este sempre vai estar moi cotizado. Un lavabo dobre facilita a distribución do espazo pola mañá, mentres que un armario con espellos e grandes caixóns de almacenamento permite que todos teñan cadanseu lugar para gardar os seus produtos e artigos de baño e manter o espazo despexado".

Almacenamento que aforra espazo

"O almacenamento colgado na parede e os accesorios aforran espazo no baño e pódese acceder a eles de xeito doado cando cumpra. Ademais, se mamá ou papá queren relaxarse cun baño, poden descolgar facilmente os obxectos para crear un ambiente máis relaxante".

Un deseño pensado para a familia

Este fogar prioriza o tempo en familia, de distintos xeitos posibles. "Por exemplo, un sofá cama dobre no salón crea un espazo para que os membros da familia se poidan tombar xuntos", di Emilia. "E no dormitorio dos nenos máis cativos, as camas colocáronse unha tras outra, liberando así o espazo central do cuarto para xogar."

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Emilia Ljungberg