Actualiza! Dous estilos de sala actualizados
Dálle á túa sala un pequeno cambio de imaxe nun só día sen ter que resgarte o peto. Mira o que traemos para levar á casa dous looks diferentes.


Pasteis e un toque colorido. Dálle tons máis suaves con tons pastel (rosas, azuis, grises) e brancos limpos con colchas, floreiros, cestas e mesmo testos. Elixe un anaco de tea rechamante e brillante que sirva de contraste. As ilustracións poden ser de grande axuda para unir a gama de cores e o estilo.
Estampados e un ambiente monocromo. Atrévete e comeza cos padróns gráficos que che encantan: di ola aos cadros modernos. Queda con dous ou tres para unha sensación de calma. Fai coincidir as cores do estampado nos téxtiles, as decoracións pequenas, a iluminación etc. Con brancos e negros limpos, usa detalles como azuis puros para darlle un toque de relaxación ao cuarto.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Fredrik Biel
Fotografía: Mårten Linton
Texto: Marissa Frayer
Deseño de interiores: Fredrik Biel
Fotografía: Mårten Linton
Texto: Marissa Frayer