Saltar

Achega a natureza á túa casa con plantas

Utiliza plantas para suavizar as liñas entre o interior e o exterior. Con algo máis de natureza podes transformar o aspecto e a sensación dun cuarto.

Azuis e brancos nun recanto asollado, tras unhas xanelas estilo balcón francés. Cadeira de brazos de vimbio a carón dunha mesiña pola que rube unha planta.
Azuis e brancos nun recanto asollado, tras unhas xanelas estilo balcón francés. Cadeira de brazos de vimbio a carón dunha mesiña pola que rube unha planta.

Deixa entrar o balcón

Podes aproveitar a zona máis próxima á túa xanela ou balcón francés para darlle un toque verde ao teu cuarto. Os mobles estilizados, como estes estantes e a mesa bandexa, poden mesmo desaparecer visualmente para daren amplitude ao espazo e faceren que as plantas sexan as protagonistas.

Estende a alfombra verde

Un chisco de céspede será dabondo para encher a túa casa de verdor (non fai falta cortalo). Combina plantas naturais e artificiais (tamén téxtiles temáticos), e axiña terás un puntiño asollado no teu propio parque privado.

Unha fervenza de verdor na fiestra

Se es dos que pensan que as plantas tardan demasiado en medrar e chegar ata o teito, por que non o fas ao revés? Crea os teus propios xardíns colgantes usando as barras das cortinas (pero con coidado de non sobrecargalas) e pendura as túas plantas diante da fiestra.

Unha barra para a túa cortina de plantas

O bo de aproveitar as plantas e utilizalas como cortinas é que se axustan facilmente para aproveitar ao máximo a luz. Ou simplemente porque che permite separar a vexetación e ter unha vista perfecta desde o interior.

Mesturar plantas para formar un decorado

Constrúe un xardín vertical usando unha mestura de plantas: reais, artificiais e obxectos decorativos. En combinación poden crear un muro de verdor, mesmo en lugares onde non hai moita luz.

Para o xardineiro visual

Aínda non tes gromos verdes pero soñas cun verxel? Utiliza marcos de vidro para expoñer as túas plantas e follas. Non precisan rego nin coidados, só un recuncho bonito e tranquilo.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Interiorismo: Chiara Effroi Lutteri
Fotografía: Mårten Linton
Redacción: Henrik Annemark