Saltar

Acaba co caos do fondo dos teus caixóns

Aínda que non te deas de conta, os caixóns son pequenos buratos negros na túa propia casa. Ao estar pechados, tendemos a acumular obxectos, papeis, chaves e outras cousas que non sabemos onde colocar nin como organizar. Acaba todo mesturado, e iso fainos perder tempo ata atopar o que buscamos.

Xa son moitos os estudos científicos que amosan que a orde física proporciona calma mental. E a quen non lle fai falla un pouco de calma hoxe en día?

En IKEA, queremos que melloredes o voso benestar e gocedes do voso fogar e dun estilo de vida tranquilo. Por iso, temos infinidade de solucións de orde e almacenaxe para todos eses recunchos que ás veces se nos resisten.

Ímoste contar como usar caixas e outros organizadores en cómodas e mobles de caixóns de calquera estancia da casa, mesmo no interior dun armario ou nunha mesa de noite, para que non parezan o fondo do bolso de Mary Poppins.

O método de organización IKEA

  • O primeiro paso para comezar a organizar é agrupar e clasificar todo o que temos por organizar. Podes agrupar as túas cousas segundo o uso que fagas delas, a frecuencia con que as empregas ou as actividades para as que te serven.
  • Reduce, reutiliza ou recicla as cousas que xa non te sirvan, as que non te gusten ou as que estean rotas e en mal estado.
  • Conta o que queres almacenar e mide o espazo que vas utilizar para acadalo. Deste xeito, aproveitarás cada recuncho do caixón e optimizarás a súa capacidade.
  • Elixe o espazo máis axeitado para colocar as túas cousas: dentro do moble de caixóns, enriba do armario, en perchas... Pensa en todas as posibilidades que ofrece a túa casa.
  • Escolle o teu sistema de almacenaxe preferido e o máis adecuado para o espazo que vas ocupar.

As caixas, as nosas mellores amigas

As caixas son as nosas mellores amigas á hora de poñer orde nos caixóns. E xa pensamos no tipo de caixa que necesitas para cada espazo, así que só tes que elixir o teu material favorito (metal, madeira, rafia...) e o lugar exacto onde vas colocalas.

Caixóns impecables

Unha vez levados a cabo os pasos anteriores e escollidas as túas caixas, podes comezar a colocar a túa roupa e os teus complementos dentro do armario, do moble de caixóns ou da mesa de noite.

Por exemplo, as caixas SKUBB son perfectas para almacenar a roupa interior, as camisetas ou a roupa doutra tempada. Desta maneira, será moi fácil facer os cambios de armario e decidir que poñerte cada día.

Parada rápida no baño

No que respecta á orde nos caixóns do baño, as caixas GODMORGON son a verdadeira estrela. Ao ser transparentes, permiten ver todos os cosméticos ou os utensilios de aseo ao abrir o caixón, e poderás durmir cinco minutiños máis porque non perderás tempo en peitearte nin maquillarte.

Non esquezas a zona de traballo!

Ao igual que a nosa roupa ou as cousas de aseo, os papeis, os libros e as ferramentas de traballo teñen que ter unha utilidade e un espazo delimitados no noso fogar para que todo funcione á perfección.

As caixas KUGGIS son unha das nosas opcións favoritas pola súa variedade e versatilidade, que lles permite encaixar á perfección en calquera espazo.

As opcións son infinitas: podes combinar caixas con cestas e botes de cristal ou usar os teus propios complementos como elementos de decoración: bolsos, lentes de sol ou reloxos.

Organiza tamén a túa despensa

Seguindo esta liña de organización, ordenar a despensa por categorías é fundamental. Se mesturas todos os produtos na despensa, será máis difícil que te deas de conta de que algún caducou e terás que tirar máis comida.

O ideal é que dividas cada alimento por categorías. Por exemplo, as legumes nun andel, e os produtos frescos noutro de fácil acceso. Este é outro punto importante: debes colocar á man os alimentos que máis consumas, e nos andeis máis altos o que non necesites a diario.

Ademais, para atopar todo facilmente, deberías empregar botes de cristal transparentes. Tamén poderías escribir o seu contido ou a data de caducidade do produto. Aquí te deixamos unha ligazón a todos os nosos tarros e botes, por se necesitas recipientes para organizar a túa despensa ou a túa cociña!

Sabías que perdemos máis de 5000 horas á procura de cousas na casa? Esperamos que, se chegaches ata aquí, ese número se reduza e poidas investir o tempo que gañes no teu benestar.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, cómpre lembrar que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.