A regra do 3 + 1 para acadar un fogar máis acolledor
Ás veces dubidamos sobre que elementos podemos colocar na casa para que sexa cálida e acolledora e sentirnos cómodos.
Seguro que se imaxinamos unha casa destas características, pensamos na típica cabana no bosque cunha cheminea e unha cunca de té fumeante. Non sempre temos a sorte de espertarnos nun sitio así todos os días, pero acadar esa sensación é máis sinxelo do que cres se sabes empregar os téxtiles axeitados.


A regra do 3 + 1
O uso de téxtiles é o xeito máis sinxelo de "volver decorar" un espazo con pouco orzamento e conseguir o efecto acolledor que andamos a buscar. Porén, hai veces nas que non é tan fácil combinalos para acadar un resultado "de revista".
Para conseguilo, podemos seguir unha regra moi doada: o 3 + 1.
1. Empeza polo básico
Esta elección explícase soa. Elixiremos o coxín máis básico dentro da gama cromática que escollamos para decorar o noso espazo.
2. Define o estilo
Neste paso engadimos algún elemento na tea para diferenciala do anterior. Podemos escoller un material que contraste (veludo para o básico e algodón para o estilo), ou ben agregar algunha forma xeométrica: cadradiños, lunares, raias...
3. Marca a expresión
Velaquí é onde podemos deixar voar a nosa creatividade e incluír bordados, cores opostas, diferentes teas nun mesmo elemento, etc.
4. A manta (+ 1)
Neste caso, o + 1 é a mantiña, un accesorio moi importante para que as túas tardes no sofá ou as túas sonecas sexan 100% apetecibles. Podemos engadir mantas de distintos grosores, tamaños e materiais, como a la ou o poliéster reciclado para este outono.
Complementa a regra do 3 + 1
Cortinas
As grandes protagonistas dun cuarto son as cortinas. Un fogar non é un fogar ata que non vestimos as nosas fiestras con cortinas. Son un complemento ideal para o método 3 + 1 e, ademais, tamén poderás mesturar téxtiles e cores ao teu gusto, preservar a temperatura da estancia e aforrar na factura da luz.
Alfombras
Ningunha será tan estupenda como a que era máxica e podía voar, pero para a nosa casa chega dabondo cunha quentiña pola que poder andar descalzos este inverno.
As alfombras son un elemento clave para achegar calidez a un chan frío ou enmarcar zonas dentro da estancia. Se ademais as escollemos en tons ocres e marróns, ofrecerán un toque natural á decoración, acorde co outono.
Alfombras
Ningunha será tan estupenda como a que era máxica e podía voar, pero para a nosa casa chega dabondo cunha quentiña pola que poder andar descalzos este inverno.
As alfombras son un elemento clave para achegar calidez a un chan frío ou enmarcar zonas dentro da estancia. Se ademais as escollemos en tons ocres e marróns, ofrecerán un toque natural á decoración, acorde co outono.