Saltar

7 cousas que che farán a vida máis fácil e están en IKEA

Se pensabas que xa o viras todo en IKEA, hoxe amosámosche algúns dos nosos inventos menos coñecidos, creados para resolveren problemas de espazo e ordenar ata o último recuncho das nosas casas. Descubre todas as cousas útiles que podes mercar en IKEA, alén do armario PAX!

De certo que xa ouviras falar da librería Billy, o estante Kallax, ou a mesa auxiliar LACK. E é que, aínda que os nosos puntos fortes son os mobles e a decoración, tamén pensamos en solucións sinxelas e prácticas para o día a día. Sabías que entre os nosos produtos temos campás para alimentos, un organizador para maquillaxe, un dispensador de bolsas, colgadoiros especiais para bicicletas, un tendal para calcetíns ou accesorios para organizar a túa maleta de viaxe? 
 
Sigue lendo e atoparás unha selección de accesorios para o fogar do máis servizais e singulares! 

Coñecías este invento? Coas campás para alimentos ÖVERMÄTT poderás conservar máis tempo calquera comida ou bebida.

Así podes cubrir os teus botes ou a froita e verdura cortada para que non se estrague o absorba cheiros doutros alimentos que tiveres no frigorífico.

E que opinas das nosas friameiras 365+ con accesorios extraíbles? Poderás separar o prato principal da ensalada ou levar os teus petiscos para a merenda nun só recipiente. Un dos separadores ten unha tapa, polo que é ideal para gardar salsas e aliños. Ademais, a tapa é hermética, polo que evita que saian os líquidos. Xa non tes escusas para levar a túa friameira ao traballo con total seguridade!

Sen saír da cociña... que che parece o protector para potas e tixolas UTRUSTAD? Con este separador de feltro evitarás que se estraguen e raien. Pero aínda hai máis! Tamén temos o tapete transparente VARIERA para caixóns, que amortece os ruídos e protexe o teu enxoval e os teus mobles.

Falando de protectores... Adoitas esvarar cada vez que pisas a alfombra do salón ou do cuarto? Pois velaquí tes a solución: STOPP ou STOPP FILT. Dous produtos que che servirán para que as alfombras se agarren mellor ao chan e non esvares. Ademais, poderás pasarlle o aspirador máis comodamente. E se o que queres é protexer o chan do roce das cadeiras de escritorio tamén temos outra idea: KOLON.

Sempre estamos pensando en aforrar espazo na casa, e se es dos que non ten nin un oco para tender a roupa, virache moi ben PRESSA, un colgadoiro con 6 pinzas, ideal para os teus calcetíns ou a túa roupa interior. E pódelo pregar para gardalo! Un consello máis: se precisas un tendal vertical ou que ocupe pouco espazo, recomendámosche MULIG.

En IKEA non só encontrarás mobles, ademais da nosa sección non tan coñecida de comida sueca ou de accesorios para mascotas, se cadra tamén che sorprenda saber que temos moitas opcións para viaxeiros. Desde mochilas e maletas de viaxe con mil e un espazos diferentes, ata unha almofada de viaxe, un set para os teus líquidos ou bolsiñas para aproveitar cada milímetro da túa bolsa de viaxe.

Accesorios únicos para ordenar a cociña

E reservamos para o final non só un produto estrela, máis ben unha familia enteira: VARIERA.

Con esta gama de produtos pensada para organizar os caixóns e mobles da cociña, encontraraste accesorios que, como xa che adiantamos, facilitaranche moito a vida.

Temos soportes para tapas, para as ter máis á man; un dispensador para bolsas que che aforrará telas todas espalladas; un organizador de caixóns para especias; un soporte para pendurar o ferro dun armario ou un portapratos que che axudará a levalos á mesa, entre moitos outros.

Coñece todas as opcións que che pode ofrecer VARIERA!

Se queres coñecer máis produtos sorprendentes e prácticos, bótalle unha ollada a este artigo.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.