Saltar

7 consellos para mudarse

Mudarse pode resultar moi estresante, aínda que só sexan uns poucos quilómetros. Pero non debería ser así. De feito, tiña que ser divertido. Aquí tes os nosos consellos destacados para mudarte sen estrés.

Un conxunto de materiais para a mudanza e de caixas JÄTTENE encastelados nun palé de madeira con rodas nunha sala baleira.
Un conxunto de materiais para a mudanza e de caixas JÄTTENE encastelados nun palé de madeira con rodas nunha sala baleira.

1. Organízate e doa

Non ten sentido transportar obxectos dos que te desfarás máis pronto que tarde. Conserva os que lle dan valor á túa vida e doa os demais. Doar non ten por que ser complicado. Podes preguntarlles aos amigos se precisan algo.

2. Comeza a empaquetar xa

Tanto se separas os obxectos por categorías como se o fas por habitacións, o ideal é que comeces a facelo en canto poidas. As luces de Nadal e as sabas de recambio non te farán falla ao chegar á túa nova cosa, polo que podes comezar a encher as caixas con cousas como esas.

3. Empaqueta e desempaqueta, carga e descarga

Se dedicas 30 minutos a planear a loxística antes de facer a mudanza, aforrarás horas, e mesmo días, cando chegues á túa nova casa. Asegúrate de organizar, empaquetar e cargar todo en función de como queiras desempaquetar.

En IKEA, encántanos compartir os nosos coñecementos e a nosa experiencia sobre a vida en casa. Dende a optimización de espazos pequenos ata as solucións sostibles de almacenamento. Ofrecemos solucións para todo o mundo".

Lina Aldén, deseñadora de interiores de IKEA

4. Síntete en casa

Pequenos detalles, como luces provisionais, produtos básicos de baño ou un armario móbil, poden axudarche a sentirte en casa en pouco tempo. Cociña a túa comida favorita ou saca as mantas e os coxíns máis acolledores para acomodarte ao instante.

5. Todo no seu lugar

Para que instalarse sexa máis doado, decide primeiro onde colocarás os mobles grandes. Pode que teñas que probar varias veces ata atopar o lugar perfecto. Intenta ter en conta as túas rutinas e pautas para descubrir o teu "fluxo".

6. Nova casa, nova vida

Ao mellor, apetéceche que a túa vida sexa máis sostible ou que estea máis organizada. Sexa o que sexa o que che gustaría mellorar, o mellor momento para facelo é nunha mudanza.

7. Reutiliza, recicla e crea

Non tires tódolos produtos que empregaches para a mudanza. Se non os podes reciclar, dálles un novo uso. Sorprenderache descubrir tódalas vidas que pode ter un recipiente de plástico.