6 formas de expresarte
Aprende a organizar un lugar imprevisto da túa casa nun lugar persoal que amose quen es.


1. Reúne unha elegante colección de cerámica. Garda a túa colección de cerámica ou porcelana nunha vitrina para protexela e exhibila ao mesmo tempo. Combina matices de distintos tons para conseguir un aspecto uniforme (aquí mesmo pintamos a parede cun ton de terracota cálido: NCS S 4030-Y70R. Ten en conta que as cores poden variar na pantalla).
2. Monta unha colaxe de reloxos. Tanto se che encanta coleccionar reloxos de parede coma se tes que mirar a hora cada pouco tempo, que che parece usar unha parede para os teus reloxos? Colga unha combinación de reloxos de distintos estilos e tamaños ao longo dunha liña recta fixa para crear un marco extravagante.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Emma Parkinson
Fotografía: Andrea Papini
Texto: Anna Blom
Deseño de interiores: Emma Parkinson
Fotografía: Andrea Papini
Texto: Anna Blom