Saltar

5 maneiras de prolongar o verán no teu balcón ou terraza

Non queremos dicirlle "adeus" ao verán! Queres alongar as tardes no teu balcón ou terraza sen que o fresquiño ou a escuridade do outono te condicionen? Dámosche os nosos cinco mellores consellos para saber como prolongar os plans na túa zona de exterior. Goza dos últimos momentos ao aire libre no teu recunchiño preferido! 

1. Non collas frío

 

O primeiro que se nota cando o outono se aproxima é, sen dúbida, o cambio de temperaturaPara evitar que o "viruxe" da fin do verán che faga encerrarte dentro da casa, crea un falso teito na zona dos bancos ou os sofás onde adoitas sentarte. Como? Moi sinxelo. Podes cubrirte coa axuda dun dosel, un toldo, un parasol e incluso colocando uns postes altos e enganchando unha lona en cada un. En definitiva, calquera cousa que sirva como escudo. Se queres, tamén podes poñer algunha tea nun los laterais a modo de parede para resgardarte un chisco máis. 

E resulta que os toldos non só serven para protexerte do sol! Con este sinxelo truco, manterase un pouquiño mellor a temperatura ambiente. Ademais, virache de perlas tanto para resgardarte do aire como da chuvia. E falando de precipitacións! Se montas ti a lona, aconsellámosche darlle un pouco de inclinación para que a auga se deslice ata o chan e non se creen bolsas. En caso contrario, corres o risco de que che caia toda a auga encima coma se estiveses baixo a cascada do Kerepakupai Merú 

Un último consello! Como sabemos que haberá días nos que ese “viruxiño” pode ser algo máis intenso, non está de máis que teñas á man unha cesta cunhas mantiñas para taparte e non renunciar a esa conversa tan entretida cos teus amigos.  

2. Protexe os teus téxtiles 

 

Agora que estamos máis cómodos, o seguinte paso para alongar os días no balcón ou a terraza é asegurarnos de que os nosos téxtiles se manteñen en perfecto estado.   

O mellor é que teñas un armario ou un banco de exterior con almacenaxe para gardalo todo antes de ir durmir ou cando saibas que non vas estar aí fóra. Así terás a tranquilidade de que, faga o tempo que faga, os teus coxíns e mantas non se estragarán.  

Queres protección adicional? Méteo todo nunha funda impermeable para que nin a chuvia poida contigo. Isto vén que nin pintado para banquiños con fendas polas que pode calar a auga ou, simplemente, para illar as teas da humidade ao 100 %. 

3. Plantas perfectas 365 días ao ano 

 

Sé máis audaz cá propia Nai Natureza utiliza plantas naturais resistentescapaces de soportar incluso algo de xeada. Deste xeito, terás o teu pequeno xardín urbano fresco e fermoso coma se a primavera reinase na túa terraza ou balcón durante todo o ano.  

O truco, ademais de escoller plantas máis todo terreo, está en pelas en testos duradeiros como, por exemplo, os de aceiroxa que aguantan a corrosión, ou as de terracota, que reteñen o exceso de agua. Se utilizas soportes para plantas con rodas, poderás movelas facilmente dunha zona a outra sen apenas esforzo para que absorban un pouquiño de sol cando o necesiten. 

4. Un menú para combater o fresquiño 

 

Non deixes de cociñar nin comer no exterior. Non che fai falta acender a grella para gozares dun xantar ao aire libre. Tan só é cuestión de repensares a carta. Cambia a ensalada de verán e os picados por un menú menos refrescante (aínda que igual de delicioso, faltaría máis). 

Saca unha placa de indución portátil e quenta algo de sopa para temperares o corpoQue tal un caldiño de verduras ou unhas deliciosas lentellas? Volve sentarte e goza!  

Outro deses conselliños que tanto nos gustan: os teus dedos agradecerán unha cunca resistente á calor con tapa e protección para non queimares as xemas, verdade? Seguro que si. 

5. Iluminación de terraza para cear coas estrelas 

 

Cando os días se acurten, vas necesitar un toque adicional de iluminación para a terraza ou para o balcón. Coloca algunhas luces que alumen a mesa ou a zona dos asentos para que, aínda que non sexa unha luz moi potente, proporcione a claridade adecuada para estar a gusto 

Por exemplo, podes colgar unhas lámpadas LED encima da mesa ou podes optar por un bonito farol cunha candea no seu interior 

Deseña a túa propia decoración! Coloca unha grilanda con batería dentro dun floreiro de cristal para creares un ambiente acolledor nun intre. E, se non confías moito nas velas e o fogo, podes optar por unhas LED que fan o mesmo efecto, pero sen ningún perigo. Recorda que estas luces sempre serán máis decorativas que funcionais. Se queres unha boa iluminación, terás que colocar algo máis potente.  

Sabes que agora temos un monte de luces decorativas de exterior con carga solar? Son unha solución perfecta para non teres que andar buscando recambios de pilas ou enchufes e regretas. E, ademais de gastar menos na factura da luz, terás unha terraza ou un balcón respectuoso co medio ambiente. Bonito, económico e sostible, vaia choio! 

Actividades e entretemento para estar ao aire libre, incluso no outono 

 

E ben, agora que temos todos os consellos para ter unha terraza ou un balcón a proba de tempo outonal, como imos aproveitalo? Dependendo de cal sexa o teu horario de anacos libres, podes facer diferentes actividades para gozares comodamente no teu recunchiño. Tamén temos algunhas propostas! 

Podes crear un recuncho de lectura para leres a túa novela mentres apuras os raios dese sol que tanto nos gusta cando refresca un pouco; unha zona para gozares dun bo café quentiño, e incluso podes trasladar o popular cine de verán á túa casa!

Anota todos os elementos para teres una tarde "de película". 

Primeiro, e máis importante, un proxector e unha pantalla. Sabes que? As sabas brancas lisas que todos temos nos nosos caixóns fanche o apaño perfecto para proxectar a peli. Engánchaa a un estante (ou a onde poidas) cunhas pinzas para suxeitala mellor e que quede sen dobras. Et voilà! Cine montado. Se non tes unhas sabas así, fai coma nós e pon unha cortina de ducha. Parece unha sala de cine real, verdade?

Segundo, e non menos substancial, uns aperitivos! Prepara unhas tapas desas que tanto adoramos e ten á man a bebida para non interromper a peli (aínda que co baño non podemos facer milagres, aí tocará premer "pausa" e levantarse). Colócao todo nun tallo ou carro e shhh! Que xa empeza. 

Con ganas de máis? Temos un monte de suxestións para ti. Bótalle unha ollada!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.