Saltar

5 maneiras de conseguir un salón minimalista

Gustaríache ter un salón relaxante, pero tes moitísimas cousas? Chegou o momento de apostar polo minimalismo. Non se trata de que te desfagas do que tes, senón de que non te estreses. Amosámosche como podes crear un espazo harmonioso e con personalidade.

Un sofá moderno nun cálido salón de cor terra e estilo minimalista.
Un sofá moderno nun cálido salón de cor terra e estilo minimalista.
1. Limita as opcións Escolle unha cor básica e 2 ou 3 tons que fagan xogo. Cínguete a eles á hora de elixir os mobles, a pintura e a decoración. Fai o mesmo cos materiais e as formas. Elixe uns cantos e cínguete a eles para que nada resalte sobre o demais. As cores cálidas e os materiais delicados tamén suavizan moito os espazos.

2. Á vista ou escondido? Revisa todo o que tes na estancia. Tes cousas que non queres que se vexan? Gárdaas en solucións de almacenaxe pechadas. Despois colle os obxectos que che gusten e que sexan das cores, os materiais e as formas que elixiras. Ponos en lugares que se vexan.

3. Usa un almacenamento adaptable Mantén as cousas que precisas para realizar actividades no salón gardadas preto para o tempo que as necesitas e ocultas para cando non. Seguro que tes libros, la, portátiles, cueiros, etc. Nós puxemos o material artístico nun cubo aberto que se pode xirar para que non se vexa nada cando non o utilizamos.

4. Agrupa ou opta por pezas soltas Crea centros de atención coas cousas que xa teñas (poden ser adornos pequenos ou mobles). Agrupando as cousas conseguimos que os espazos se vexan máis recollidos e harmoniosos. Tamén podes poñer pezas soltas. Podes poñer unha obra de arte ou unha tea nunha parede, por exemplo. As pezas soltas fan que os espazos teñan un aspecto máis equilibrado.

5. Camuflaxe e almacenamento Os estantes abertos permiten telo todo recollido para non romper a harmonía dos espazos. Amorea os libros por tamaño e cor ou fórraos con papel de cores similares. Utiliza tamén caixas que fagan xogo para gardar os obxectos pequenos e todo aquilo que consideres que provoca desorde.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Amanda Rodriguez
Fotografía: Martin Cederblad
Texto: Marissa Frayer