Saltar

5 ideas de iluminación solar para a túa terraza e o teu balcón

Hai algo mellor que as noites de primavera e verán que se alongan? Pois a verdade é que non. Agora é o momento perfecto para pasar máis tempo na nosa terraza e gozar da enorme sorte por termos un espazo ao aire libre no noso fogar. Por iso é fundamental que a iluminemos! E de que mellor forma que con lámpadas solares de exterior? Todas elas levan bombillas LED e cárganse coa luz do sol, aínda que estea anubrado. Así, aforras nas túas facturas, iluminas e decoras ao mesmo tempo!

Imos ver ideas de iluminación solar para a túa terraza e o teu balcón!

1. Lámpadas de mesa solares para exterior

Se tes unha mesa de terraza na que almorzar, comer e cear, non pode faltar a iluminación solar que a acompañe. 

Adoitamos iluminar as estancias, sobre todo as exteriores, cunha soa luz preto da porta da terraza ou sobre ela e, quizais, con algunha lámpada colgante. E pouco máis.  

Pero as lámpadas solares de mesa para exterior poden dar moitísimos beneficios á nosa terraza: 

  • Son a mellor decoración para a nosa mesa, sobre todo se elixes un modelo que podería ter boa acollida no teu salón, como o que ves na imaxe.  
  • Colorido e ledicia para o bo tempo: escolle unha ou varias lámpadas de mesa solares con cores vivas, alegres e que lle dean á túa terraza o toque estival que lle falta.  
  • Iluminan a estancia durante a noite, ofrecen un punto íntimo ao espazo e converten calquera cea coa parella na máis romántica das citas. 
  • E todo iso sen gastos, cables nin enchufes! 

Neste caso, pódela mover dun lado ao outro como gustes porque non pesa nada. Nun día de sol, o tempo de recarga é de 9 a 12 horas e, se está anubrado, de 12 horas. E cando a batería está totalmente cargada, este produto ilumina ao redor dunhas 8 horas. Non é incrible? 

2. Lámpadas de mesa orixinais

Ollo! As lámpadas de mesa máis tradicionais encántannos, pero o universo da iluminación solar de exterior non remata aí: tamén podemos optar por modelos máis orixinais. Neste caso, a lámpada solar fabricouse con vidro e ten unha asa coa que é moi doado transportala dun lado a outro. É miúda, pero conta cunha gran personalidade.  

Pequenos puntos de luz coma este axudaranche a darlles un toque máis acolledor ás noites de primavera e verán que pasarás na túa marabillosa terraza.  

3. Iluminación decorativa de exterior: faroliños colgantes

Se tes un patio ou unha terraza de tamaño medio, estas lámpadas colgantes poden ser as túas mellores aliadas á hora de decorar e iluminar o espazo cun toque impoñente. Tamén o farán se tiveres un xardín grande e as colocas para destacar especificamente a zona do comedor. 

Combina modelos de lámpadas de varias cores se queres darlle vivacidade á túa terraza. Tamén podes combinalas con coxíns de cores, por exemplo. Se es máis tradicional, escolle unha ou dúas cores como moito e repárteas por todo o teu espazo.  

Pensa que poden colocarse de forma moi sinxela porque non teñen cables nin precisan enchufes. Para suxeitalas, amarra unha corda (aínda que for de tender) a dous puntos da túa terraza ou do teu xardín e cólgaas como máis che pete grazas ao seu gancho. Teralo todo listo nun chiscar de ollos! 

4. Grilandas LED solares

Outro detalle de luz solar que nos fascina colocar en calquera espazo de exterior son as grilandas. Non importa se tes un balcón pequeno, unha terraza ou un gran xardín: sempre atoparás unha grilanda de luces LED que enrolar á túa varanda, que colgar sobre a mesa ou que enredar nunha árbore.

Estas luces decorativas son as raíñas das noites de verán, así que non podes renunciar a elas. A falta de espazo non é unha escusa! 

5. Combina estes puntos de luz solar para que quede perfecto

Para rematar, gustariamos recordarche que podes usar estas ideas por separado, pero tamén todas á vez! Cando combinas varios puntos de luz solar repartidos polo espazo, consegues un ambiente moito máis cálido e acolledor para as noites que están por vir.

Non esquezas que a primavera e o verán son luz. E se ademais aforramos e coidamos o medio ambiente, que máis podemos pedir?

Non perdas os nosos consellos e ideas de decoración!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.