5 consellos para crear un salón relaxante
Que che fai falta para relaxarte? Mantas suaves e coxíns cómodos? O olor dunhas candeas perfumadas? Todo á vez? Relaxarse en casa e pasar tempo de calidade, sós ou acompañados, non ten prezo. Porén, para conseguilo precisamos dunha atmosfera agradable, cómoda, ordenada e tranquila. Por iso, queremos botarche unha man con estes 5 consellos para crear un salón relaxante.
Onde mellor que no teu salón para seres feliz? Ponte mans á obra!
1. Como amortecer o ruído con téxtiles
Algo que pode acabar coa nosa tranquilidade e a nosa paciencia é o ruído. Ruído que pode vir do exterior e do interior do noso fogar. Pero sabías que os téxtiles axudan a amortecelo e a que sexa menos molesto?
Téxtiles como as alfombras, as cortinas grosas ou un xogo de cortinas de tea fina axudan a illar o ruído e, sobre todo, a mellorar a acústica para ter un salón relaxante. Tamén existen as chamadas "teas acústicas", especialmente pensadas para este propósito.
2. Personaliza a túa casa con olores relaxantes
Sabes cando entras na túa casa e recoñeces perfectamente o seu cheiro? Cada fogar, como cada persoa, ten un cheiro característico. E ese cheiro pode ser como ti queiras, tan relaxante como che apeteza.
E é que un simple cheiro pode axudarche a cambiar radicalmente o teu estado de ánimo. Un cheiro pode animarte, tranquilizarte e mesmo inquietarte. Neste caso, queremos acadar relaxación e paz. Como? Pon un floreiro coas túas flores frescas preferidas e unhas candeas perfumadas nun prato. As nosas duran ata 30 horas acesas! Os nosos cheiros favoritos para relaxarnos no salón son: tomiño, peonia, vainilla e rosa.
3. Cores para relaxarte no salón
Atrévete a poñer pezas orixinais, como alfombras tecidas á man ou fundas de coxín con estampados rechamantes. Abonda con que cinguíreste a unha paleta de cores determinada para conseguir esa homoxeneidade tan agradable visualmente. Neste caso concreto, nós optamos por combinar o azul con tons naturais e contrastalo con toques metálicos e mostaza.
Lembra que se o que queres é un salón 100 % relaxante debes decantarte sempre por tonalidades claras (branco ou beixe), cores pastel ou azuis. Evita o vermello, o amarelo e o laranxa, que provocan o efecto contrario.
4. Iluminación de salón para relaxarte
A iluminación é fundamental para conseguir unha atmosfera íntima e tranquila. Por iso, a nosa recomendación para o teu salón é repartires diferentes puntos de luz polo espazo, especialmente se utilizas bombillas regulables: así, poderás non só escoller a lámpada que mellor che conveña acender en cada momento, senón tamén a intensidade da luz.
Por suposto, unhas candeas sempre serán a mellor opción á hora de crear ese ambiente de relax que estamos procurando…
5. Remata coa desorde
Por último, non debemos esquecer outro dos puntos que máis poden espertar o noso nerviosismo, a desorde! Por iso, a nosa última recomendación é que manteñas a diario a orde no salón: se levas algo ou comes alí, recólleo cando remates, limpa as superficies, coloca os coxíns correctamente…
E se che custa, polo menos apaña un armario, moble con almacenaxe ou cómoda que teña portas. Así, no peor dos casos, todo irá dentro e non verás o caos! Sobre isto, recomendámosche que non perdas:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.